Skip to Content

EVENTOS

COMA UN IRMAU CHE FALO # BLACK LIVES MATTER

REBELDES BOTÁNIC@S

Velaquí o resultado deste mes de rebeldía botánica no Ies Rego de Trabe.

Moitas grazas a todas e todos polo voso gran traballo!

 

LETRAS 2020

O MAIO DAS LETRAS: BOTÁNIC@S REBELDES

BOTÁNICOS REBELDES

Dende o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía queremos colaborar na celebración do Día das Letras Galegas co departamento de  Lingua Galega dun xeito moi especial: converténdonos  a todos en Botánicos Rebeldes. Como? Amosándolle á nosa veciñanza como se lles chama a esas plantiñas que medran por tódalas partes, entre os muros, nas beirarrúas, na calzada… o seu nome en galego e o seu nome científico, escribindo con xiz eses nomes na beira daquelas que sexamos quen de identificar.

Imaxe de exemplo

 

Colaborando crearemos unha presentación coas fotografías, que logo mostraremos a todos na web do noso instituto.

Tedes adxunto o arquivo coas instrucións para realizar a actividade.

Animádevos todos a participar!!!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Máscara Letras Galegas 2020

Abrimos a convocatoria a toda a cidadanía.

Á volta faremos unha exposición das fotos que recibamos.

Tes máis información sobre o autor na sección de RECURSOS DO EDLG

O XORNAL DA CORENTENA

Premendo a imaxe poderás ler en Isuu o número especial confinamento do noso Xornal da Corentena

A BANDA DA LOBA

A BANDA DA LOBA chaman nas RR SS a versionar os seus temas. Animaste?

Velaquí tes as bases, se queres máis información vai a www.abandadaloba.gal

Por se aínda non coñeces ben o grupo, premendo sobre a seguinte foto podes ler a entrevista que lles fixo o ano pasado a nosa reporteira Lucía Sanjurjo.

PUBLICIDADE ANTI-TABACO

O ALUMNADO DO EDLG DE 1º ESO CREOU ESTA PUBLICIDADE. PODES VER MÁIS CARTEIS PREMENDO SOBRE A IMAXE.

ARANTZA PORTABALES VISITA O REGO DE TRABE

Onte Arantza Portabales visitou o noso centro para falar cos lectores de 1° de Bacharelato sobre a súa obra "Beleza vermella"

Distribuir contido


by Dr. Radut