Skip to Content

Lingua galega e literatura

ARRIBA O TELÓN!

Este ano, formouse no centro un grupo de teatro galego-portugués, que estreou, con grande éxito de público, dúas pezas a final de curso.

Ante o interese de moitos dos integrantes por continuar pensamos volver solicitalo para o curso que vén. 

Así que, se che encanta actuar ou crear vestiario e decorados, non o penses e apúntate para o próximo curso. Esperámoste!

Podes ver máis sobre a función no blog da Bibliotrabe.

http://bibliotrabe.blogspot.com/2023/06/cae-o-telon.html?m=1

 

O PAI DE MIGUELIÑO BD

Algúns dos resultados do traballo de 1° ESO E, que adaptou nas clases de Lingua e Plástica este relato de Cousas de Castelao.

ARTIGO DA NOSA ALUMNA CHIARA GRIFASI

O PROXECTO DE LAURA ROMERO

Chiara Grifasi Martínez, 20 de Marzo do 2023

 Laura Romero é unha música e ilustradora que dende nova se interesou pola música.

Cando empezou a auto-educarse sobre a música lendo libros deuse conta de que na historia de Galicia había moi poucas mulleres músicas coñecidas e moitas moi pouco recoñecidas ou esquecidas.

Así empezou o seu proxecto “Músicas galegas ilustradas”, no cal pintaba quince murais de grandes mulleres músicas en varias cidades de Galicia.

E con trinta e dous anos escribiu e ilustrou o libro Ferreñas e Rock & Roll sobre estas mulleres olvidadas ou descoñecidas.

No mural do noso Rego de Trabe permanecen na aula de música: Noelia Perpetuo –gañadora de “Quero cantar!”- Lydia Botana, Carmen Rey, Bea de Estrella, Blanca Moreno Barral e Janeth Pérez, de París De Noia, coa cal ten unha anécdota moi interesante.

Janeth Pérez e Laura Romero fixéronse moi amigas, e cando Laura comezou o seu proxecto visitou a avoa de Janeth, que foi unha música excepcional, e contoulle a seguinte historia.

Josefa de Bastabales, (a avoa de Janeth) mudouse ata Bastabales, en Santiago, onde casualmente Manu Chao tiña unha casa onde ía unicamente de vacacións e para facer festas.

Un día non tiñan pota para facer o polbo e pedírolla á súa veciña Josefa. Ela cedeu coa condición de unirse á festa.

Fixéronse moi amigos porque compartían unha gran pena. Josefa quedou viúva e Manu acababa de deixar a súa banda Mano Negra.

Josefa foi a fonte da súa canción “Desaparecido” e a historia de Josefa Bastabales incluíuse no libro de Laura.

A xente daquela aldea preguntaba a Josefa onde estaba Manu Chao e el nunca estaba, porque sempre facía festivais noutros lados, sobre todo en Barcelona.

Josefa díxolle: “Que estás, desaparecido?”. E así creouse esta famosa canción.

De todas as formas máis que Manu Chao, a importancia no libro “ Ferreñas e Rock & Roll” tena Josefa, sendo unha música excelente e talentosa, e unha grande amiga e persoa.

Ata o día de hoxe Laura toca nunha banda chamada Zënzar e esperamos que teña moito éxito.

EVA MEJUTO CHARLA CO ALUMNADO SOBRE 22 SEGUNDOS

A autora, que foi presentada por Alba Rodríguez e Antía Pereira, do club de lectura Vagalumes, explicou como foi o proceso de creación desta novela e contestou as preguntas dos seus lectores e lectoras. Tamén asinou exemplares das súas obras.

TOPONIMIA

Este curso traballamos coa toponimia por partida dobre, por unha banda, solicitamos en préstamo á Deputación unha exposición sobre Deturpación toponímica, que traballamos co alumnado.

 

Por outra banda, o alumnado do agrupamento de 2° ESO B e C participou no Proxecta de paisaxe, centrado este ano na Xeoloxía, creando un Póster interactivos de litotoponimia da zona co programa Impress de LibreOffice.

1. Pedra Mazafacha, 2. Pedras Galladas, 3.Lamelas, 4. Pena Sombreira, 5. A Pena, 6. Penasquedo, 7. A Laxe ,8. A Rocha, 9. O Seixal

ADDENDA EXPLICANDO A AVALIACIÓN

Seguindo a Orde do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostenidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, modificamos o punto da programación escolar relativo á avaliación e, polo tanto, facemos público o documento, que pode aconsultarse premendo aquí.

Non obstante, tendo sempre en conta o maior beneficio para o alumnado, a aquel/a que se presente ao exame global, dado que os criterios de promoción e titulación teñen en conta a media das materias, se empeorase a nota, terémoslle en conta a máis alta.

OBRADOIRO DE TEATRO CON EVARISTO CALVO

Este mes de novembro o alumnado participante no Contrato Programa de teatro está a participar os luns nun obradoiro impartido polo intérprete Evaristo Calvo.

CHARLA DE ISABEL BLANCO

Foi un pracer contar coa presenza no noso centro da actriz Isabel Blanco Picallo para falarlles ao noso alumnado de 3º da ESO. Foi unha charla moi emocionante e enriquecedora. Reiterámoslle unha vez máis o noso agradecemento.

MAIS FOTOS

LIBROS DE LECTURA DO CURSO 2020/21

No arquivo que está a continuación, tes a información correspondenteós libros de lectura que se terán en conta este curso.

PUBLICIDADE ANTI-TABACO

O ALUMNADO DO EDLG DE 1º ESO CREOU ESTA PUBLICIDADE. PODES VER MÁIS CARTEIS PREMENDO SOBRE A IMAXE.

Distribuir contido


by Dr. Radut