Skip to Content

Becas e axudas

AXUDAS PARA UN CURSO INTENSIVO DE INMERSIÓN LINGÜÍSITCA EN INGLÉS

Axudas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Toda a información no sitio web

 

 

BECAS PARA ESTUDANTES QUE NO 2023-24 CURSEN DE BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL OU GRAOS UNIVERSITARIOS

Remitimos o extracto da convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso académico 2023-2024,  publicado no BOE o 17 de marzo: Extracto de la Resolución de 15 de marzo de 2023, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2023-2024, para estudiantes que cursen estudios postobligatorios”

 

Na referida convocatoria establecese o prazo de solicitude tanto para alumnos que se encontren cursando ensinanzas universitarias como para os que se encontren cursando ensinanzas postobligatorias e superiores non universitarias. O prazo de solicitude será do 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023  ambos inclusive.

 

Resumo das instrucións

Becas da Fundación Amancio Ortega para estudar 1º Bach en EEUU ou Canadá (para alumnado de 4º ESO)

Becas para estudiar 1º Bacharelato en EEUU ou en Canadá durante o curso 2019-2020.

Prazo de presentación: do 24 de setembro ao 30 outubro 2018

Toda a información en 

https://becas.faortega.org/

Becas e axudas do Ministerio de Educación

Está aberto o prazo para a solicitude de becas e axudas convocadas polo Ministerio de Educación para o curso 2019-2020 destinadas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo e para estudar Bacharelato.

Prazos para presentar a solicitudes:

  • Alumnado con necesidade específica de apoio educativo: do 28 de xullo de 2019 ao 26 de setembro de 2019.
  • Bacharelato: do 1 de agosto de 2019 ao 1 de outubro de 2019.

Información nos seguintes enlaces:

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

 

http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2019-2020/estudios-no-universitarios.html

Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/2019

Prazo de presentación de solicitudes: do 21 de agosto ao 20 setembro 2019.

Vid información no enlace á ORDE do 26 de xuño de 2019

AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2019

Na Orde do 20 febreiro de 2019 convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

 

ABERTA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No DOG nº 96 do 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.

Acceso a impreso de solicitude.

Prazo de solicitude: dende 23 de maio 2017 ata o 23 xuño 2017 (ambos incluídos).

Renda: refírese á de 2015 (casiña 380+395 para os que presentaron Declaración; certificado tributario de imputación do 2015 para os que non teñen obriga de presentala)

Solicitude e documentación: vid. páxina 24636 DOG e seguintes.

NOTA: A falta de devolución dos libros de texto e material reutilizable adquiridos coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2016/17 será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2017/18.

Toda a información no seguinte enlace:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170522/AnuncioG0164-120517-0005_gl.pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut