Skip to Content

Campionato de Orientación IES Rego de Trabe

O pasado 11 de marzo todo o alumnado de terceiro e cuarto de ESO participou no II Campionato de Orientación IES Rego de Trabe organizado polo Club Gallaecia Raid de Culleredo e o Departamento de EF do IES Rego de Trabe. 
 
Foi unha mañá na que nos acercamos á práctica dun deporte apaixoante que se desenvolve no entorno natural e no que é necesario pensar e correr, pois os puntos que se percorren están sinalados nun mapa e hai que seguilos na orde marcada.
 
En nome da comunidade educativa do centro queremos agradecer á entidade organizadora da proba, o club Gallaecia Raid e especialmente á súa vicepresidenta, Claudia Oreiro Chapela, a calidade e profesionalidade do evento e á oportunidade brindada ao noso alumnado de participar nesta actividade.
 
Tamén ao Concello de Culleredo por facilitar a presenza de persoal de protección civil durante a carreira.
 
Para rematar felicitar ao noso alumnado pola súa participación e parabéns especiais pola clasificación para o Campionato Provincial de Orientación do día 24 de abril de Porto do Son, no que acudiremos con 28 corredoras/es!!!
 
No seguinte enlace deixámosvos fotos do evento:  FOTOS


page | by Dr. Radut