Skip to Content

Admisión e matrícula 2024-2025

Solicitude de admisión para alumnado de novo ingreso procedente de centros non adscritos: do 1 ao 20 de marzo de 2024.

1. PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

  • Realizarase preferentemente de forma electrónica
  • Poderá realizarse de forma presencial mediante o modelo ED550B no centro educativo. De querer levar unha copia do mesmo, terana que traer. No centro non se farán copias a tal efecto.

2. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR: Documento oficial de identidade das persoas proxenitoras ou titoras legais (DNI, NIE ou pasaporte), fotocopia do libro de familia, libro de familia numerosa (de ser o caso), sentencia de separación ou de divorcio (de ser o caso), documentación acreditativa de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (de ser o caso), certificación académica (de ser o caso).

 

3. NORMATIVA REGULADORA E LEXISLACIÓN:

Nas seguintes ligazóns poden acceder ás ordes que regulan o proceso de admisión de alumnado para o ano académico 2024-25.

1. DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

3. INSTRUCIÓNS XERAIS E CALENDARIO

4. Oferta de postos escolares

5. Áreas de influencia e centros adscritos

6. Servizos complementarios

7. Criterios xerais de baremación 

8. Anuncio do sorteo anual de letras de prioridade para resolver empates

9. O criterio complementario aprobado polo consello escolar o 29 de febreiro de 2024 é o que segue: 

CRITERIO COMPLEMENTARIO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO

No caso de que sexa precisa a baremación das solicitudes de admisión, no apartado correspondente ao criterio complementario aprobado por cada centro, lo consello escolar do IES Rego de Trabe aproba o 29 de febreiro de 2024 que se outrogrará un punto ás solicitudes dos estudantes que acrediten estar nunha das seguintes condicións:

  • Cursando estudos da Escola Oficial de Idiomas (mediante certificado de estudos ou matrícula).

  • Cursando estudos no Conservatorio Profesional de música (mediante certificado de estudos ou matrícula).

  • Ser deportista de alto nivel ou de alto rendemento (mediante certificado da federación do deporte de que se trate).

Outorgarase a un punto a o alumnado que acredite estar nunha das seguintes condicións:

  • Crursando estudos da Escola Oficial de Idiomas (mediante certificado de estudos ou matrícula)
  • Cursando estudos no Conservatorio Profesional de música (mediante certificado de estudos ou matrícula)
  • Ser deportista de alto nivel ou de alto rendemento (mediante certificado da federación do deporte de que se trate)

9. As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro. 

NOTA: Contra estas listaxes cabe interpoñer recurso de alzada

CROSS EN ACEA DE AMA

O pasado día 7 de Febreiro tivo lugar en Acea de Ama as competicions de cross nas categorias de alevín e cadete, nas que partipáron @s nos@s alumn@s. Parabens a tod@s. 

Podedes ver as fotos da actividade na seguinte ligazon FOTOS

                      

BALONCESTO. COPA COLEXIAL 2024.

 

O martes, 6 de febreiro, arrancou unha nova participación dos equipos do noso centro na Copa Colexial, competición de baloncesto para centros educativos con gran prestixio e 24 edicións xa.

 

Participan 12 centros na categoría masculina e 6 na feminina. O sorteo determinou que os dous equipos arrancasen como locais, e grazas á mediación do Concello fixérono no pavillón do CEIP Sofía Casanova. Houbo cara e cruz.

 

Na categoría feminina, cómoda vitoria contra o Liceo por 75-16. Xogaron Daniela Becerra, Lucía Zas, Suevia Casal, Paula Pose, Alba Vázquez, Alicia Docampo, Inés Miguel e Esther Racca. A diferenza no tanteo permitiu acadar unha das dúas prazas directas para semifinais, evitando a ronda de repesca.

 

Na categoría masculina tocou cruz. Tres importantes baixas por lesión e un equipo cun gran potencial físico fixeron imposible acadar un resultado positivo, encaixando unha derrota por 72-18. Xogaron Álvaro Roldán, Daniel Figueiral, Xabier Oxinalde, Buzu Golpe, Javier Mesa, Juan Miguel Guimaraes e Mauricio Rivero. O equipo terá unha nova posibilidade na segunda ronda de repesca.

FÚTBOL SÁ FEMININO, TROFEO CALASANZ

O mércores, 7 de febreiro, debutou o noso equipo de fútbol sala feminino no XLII Trofeo Calasanz de Fútbol Sá, no que participamos na categoría feminina, para rapazas nadas no 2010 e 2011. Xogarase unha liguiña entre os equipos participantes e os dous primeiros xogarán a final do torneo.

 

O arranque foi inmellorable, cunha vitoria por 19-0 e cun gran xogo. Participaron Elina Velaj, Noa Martínez, Mariana Flórez, Camila Ugueto, Carmen Varela, Amaia Sanjurjo, Leire Vicente e Alejandra Paz, non podendo acudir por lesión Ainoa Bermúdez.

 

ENTROIDO NO REGO

Hoxe celebramos un anaquiño de entroido no Rego de Trabe

Podedes ver as imáxes no seguinte enlace FOTOS

Felicidades as/os gañadores e grazas a tod@s por participar!!!

PARTICIPACIÓN DO IES REGO DE TRABE NAS OLIMPÍADAS DE BIOLOXÍA

Mario Guerra, alumno de 2º de bacharelato do IES Rego de Trabe, foi un dos 80 estudantes galegos que acadaron o acceso ás Olimpíadas de Bioloxía, despois de ter realizado unhas probas por videoconferencia. Parabéns!!

CAMIÑO DE SANTIAGO 2023-24

No pasado mes de outubro alumnado de 1º de ESO relaizou dúas etapas do camiño de Santiago en compañía de profesorado. Esta saída ten como obxectivo pasar dúas xornadas de convivencia nas que a rapazada provinte dos diferentes centros de educación primaria se relacionen e se coñezan nun ambiente desenfadado e disfrutando da natureza.

Poden acceder a un álbum de fotos do camiño.

VISITA Á EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DE HELMUT NEWTON

O alumnado da materia de expresión artística de 4º de ESO, en compañía de profesorado do centro, visitou esta exposíción. Poden acceder a un álbum de fotos da saída.

 

 

Campionato de Galicia de Cros Escolar 2023/2024

 

O mércores, 7 de febreiro, celebrouse nas instalacións deportivas de Acea da Ama a Fase Zonal As Mariñas de Campo a Través, unha das cato que se celebran na provincia para centros educativos de toda a zona das Mariñas. Polo noso centro particiou alumnado de 1º, 2º e 3º ESO, nados entre 2009 e 2011, ambos os dous inclusive.

 

A fase servía como clasificación para o Campionato Provincial, que se celebraá o 15 de marzo no Concello de Porto do Son. Clasificábanse os dous primeiros equipos por categoría (de ata 6 participantes cada ún) e os atletas que quedando entre os oito primeiros clasificados non pertenezan a un deses equipos.

 

Aínda que o importante era participar e celebrar unha xornada facendo deporte, cabe salientar que o noso alumnado o fixo de xeito moi brillante, clasificándose nas catro categorías nas que participaba.

 

Mención especial para o equipo Infantil Masculino, que acadou a primeira posición e para Mateo Suárez e Martín Pino, que acadaron a primeira e segunda posición entre os 155 participantes. A puntuación lograda por Rubén Ares (8ª) e Rubén Leiro (13ª) completou 24 puntos, con 13 de avantaxe sobre o segundo equipo clasificado.

 

Nas outras tres categorías, os nosos equipos acadaron a segunda posición. En Infantil Feminino coa puntuación de Inés Miguel, María Vázquez, Amaia Sanjurjo e Lía Blanco.

 

En Cadete Feminino puntuaron Lara Vázquez, Noa Martínez e África Ríos e en Cadete Masculino Javier Neira, quen tamén logrou a medalla de bronce, Alejandro Espiñeira e Álvaro Sánchez.

 

 

Noraboa a tod@s.

Álbum de fotos

ESA: Educación Secundaria de Adultos

Presentación Módulo IV 2º Cuadrimestre:

 

Xoves, 8 Febreiro ás 12:20

Edificio das Mariñas

Distribuir contido


by Dr. Radut