Skip to Content

FESTIGUAL 9 DE NOVEMBRO

O xoves, 9 de novembro, o alumnado de 1º da ESO tivo a ocasión de desfrutar do espectáculo de teatro, música e danza "PICASSO: LA MIRADA DE LAS MANOS", incluída na programación do FESTIGUAL en Coruña. 

Esta obra foi representada pola compañía profesional de danza EXPERIMENTADANZA, amosando nesta peza a fermosura da danza inclusiva e pola BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA, que acompañou de xeito maxistral en todo momento, facéndonos pasar por instantes de ledicia, inquedanza, medo... foi unha experiencia moi enriquecedora.
 
Familias, no enlace podedes consultar a programación por se vos animades a  asistir a calquera dos espectáculos ofertados ata o 3 de decembro, que son gratuítos.  

CLUB DE LECTURA PARA PERSOAS ADULTAS

Este curso 2023-2024 daremos continuidade ao Club de lectura para as persoas adultas da comunidade educativa do noso IES: alumnado adulto, pais, nais, titores e titoras legais, irmáns e irmás maiores, persoal docente e persoal non docente están convidados a unirse a esta iniciativa.

No noso percorrido faremos unha escala cada mes onde nos achegaremos a diferentes

xéneros literarios. Esta xuntanza levarase a cabo, como de costume, os luns ás 18,15

horas na biblioteca do edificio principal do centro, aínda que se poderán

realizar cambios se os membros así o acordasen.


Quen teñades ganas de participar neste proxecto, organizado pola profesora 
Elena Haz,

dentro das actividades do equipo de biblioteca, por favor escribide un

correo electrónico á dirección clubdelectura@iesrdt.com ou ben inscribídevos na

conserxería do centro, antes do 28 de outubro.

Atte, Elena Haz.

HORA DE LER

Xa está organizada a hora de ler do 2023-24. Podedes acceder ao horario establecido por semanas e ás normas para o seu desenvolvemento.

 

CALENDARIO 2023-24

Pode acceder ao calendario escolar do ano académico 2023-24, aprobado polo consello escolar o 6 de setembro de 2023.

CURSO DE ACREDITACIÓN DIXITAL PARA PERSOAS ADULTAS

Despois do éxito dos cursos realizados durante o mes de xullo, no mes de outubro impartiranse dous novos cursos de alfabetización dixital orientados a persoas adultas que non estean integrados no sistema educativo. 

Celebrarase de martes a xoves, de 18.00 a 20.00 horas,  un deles no edificio principal e o outro no edificio das Mariñas, por docentes do IES Rego de Trabe.

É de carácter gratuíto, por estar financiado polo Fondo Social Europeo (FSE)

INSCRICIÓNS: cubrir este formulario antes do 30 de setembro

Para maior información dirixirse ao IES Rego de Trabe, de 9.00 a 13.30 horas de luns a venres, ou os luns de 16.30 a 17.45 horas, ou chamar tamén nese horario ao 881 960 801.

 

HORARIOS DEFINITIVOS

Pode acceder aos novos horarios aquí

Comezaremos o luns día 18 de setembro con estes horarios.

 

ESA PROBAS DE AVALIACION INICIAL 1º CUADRIMESTRE

  LUNS 11 DE SEPTEMBRO MARTES 12 DE SETEMBRO MERCORES 13 DE SEPTEMBRO
10:00 Comunicación Científico Social
       
11:30 Inglés    

 

PRESENTACIÓN, COMEZO DAS CLASES LUNS 11 DE SETEMBRO ÁS 12:30 NO EDIFICIO AS MARIÑAS

LIBROS DE TEXTO E LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS E CHEQUES DE MATERIAL

O 12 de xullo publicaranse no taboleiro de acceso ao centro a listaxe  provisional de adxudicación de fondo de libros e cheques de material (todos os niveis da ESO), contra a que se poden presentar reclamacións.

A listaxe de adxudicacións definitiva será publicada o 27 de xullo.

Pode consultar as listaxes de libros de texto para o 2023-24.

Os libros para o alumnado de programas de diversificación curricular publicaranse en setembro. 

 

1º ESO

2º ESO (Foi corrixido o ISBN do libro de Portugues, o 1 de Setembro)

3º ESO

4º ESO (Foi corrixido o ISBN do libro de Matemáticas B, o 31 de xullo)

1º BAC (Foi actualizado co libro de ECONOMIA, o 5 de Setembro)

2º BAC (Foi actualizado co libro de EMPRESA Y DISEÑO DE MODELOS DE NEGOCIO, o 5 de Setembro)

GRADUACIÓN DE 4º DE ESO

Velaí o acceso a un album de fotos. Parabéns a todos e todas!!

Distribuir contido


by Dr. Radut