Skip to Content

Campionato de Galicia de Cros Escolar 2023/2024

 

O mércores, 7 de febreiro, celebrouse nas instalacións deportivas de Acea da Ama a Fase Zonal As Mariñas de Campo a Través, unha das cato que se celebran na provincia para centros educativos de toda a zona das Mariñas. Polo noso centro particiou alumnado de 1º, 2º e 3º ESO, nados entre 2009 e 2011, ambos os dous inclusive.

 

A fase servía como clasificación para o Campionato Provincial, que se celebraá o 15 de marzo no Concello de Porto do Son. Clasificábanse os dous primeiros equipos por categoría (de ata 6 participantes cada ún) e os atletas que quedando entre os oito primeiros clasificados non pertenezan a un deses equipos.

 

Aínda que o importante era participar e celebrar unha xornada facendo deporte, cabe salientar que o noso alumnado o fixo de xeito moi brillante, clasificándose nas catro categorías nas que participaba.

 

Mención especial para o equipo Infantil Masculino, que acadou a primeira posición e para Mateo Suárez e Martín Pino, que acadaron a primeira e segunda posición entre os 155 participantes. A puntuación lograda por Rubén Ares (8ª) e Rubén Leiro (13ª) completou 24 puntos, con 13 de avantaxe sobre o segundo equipo clasificado.

 

Nas outras tres categorías, os nosos equipos acadaron a segunda posición. En Infantil Feminino coa puntuación de Inés Miguel, María Vázquez, Amaia Sanjurjo e Lía Blanco.

 

En Cadete Feminino puntuaron Lara Vázquez, Noa Martínez e África Ríos e en Cadete Masculino Javier Neira, quen tamén logrou a medalla de bronce, Alejandro Espiñeira e Álvaro Sánchez.

 

 

Noraboa a tod@s.

Álbum de fotos

ESA: Educación Secundaria de Adultos

Presentación Módulo IV 2º Cuadrimestre:

 

Xoves, 8 Febreiro ás 12:20

Edificio das Mariñas

PROGRAMA ERASMUS NO IES REGO DE TRABE

O IES Rego de Trabe foi seleccionado para realizar un programa Erasmus K122 que inclúe dúas mobilidades con alumnado, para seis estudantes en cada unha delas, en réxime de penxión completa, cuberta polo programa e con profesorado do instituto. Ambas serán a un centro de Polonia, a primeira delas en setembro de 2024.

Estamos a traballar sobre os criterios de selección de alumnado, que aprobará o consello escolar nos vindeiros días.

Mentres tanto podes consultar información e anotarte na biblioteca ou por medio de Pablo Cobas, coordinador do equipo de internacionalización. Data límite: 26 de xaneiro de 2024.

ESA EDUCACION SECUNDARIA DE ADULTOS

AVALIACIÓN INCIAL MÓDULO IV

Mercores 17 Xoves 18 Venres 19
10:10 - A. Social    
11:30 - Inglés 11:30 A. Científico 11:30 A. Comunicación

Lugar: Aula M002 . Edificio As Mariñas

Obrigatorio presentar D.N.I ou documento identificativo

ES EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS

 

Aberto o prazo de matrícula para

alumnado de nova incorporación ao

centro no 2º cuadrimestre,

Módulo IV

 

Debera de presentarse a seguinte Documentación:

  1.  Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.
  2. Declaración responsable de non estar escolarizado nas mesmas ensinanzas noutro centro. Modelo
  3. Solicitude de Matrícula. Modelo
  4. 3 fotografias, en papel fotográfico, co nome completo no reverso.
  5. Copia do D.N.I. (Se non se presentou antes)
  6. Xustificante do pagamento do seguro escolar.

             Deberán aboar 1,12 € na conta do banco Santander:

                           ES42 0049 2970 8122 1401 9011

             Estarán exentos do pagamento os casos seguintes:

  • Que sexa maior de 28 anos (Se os cumpren durante este ano académico, deberán pagar o seguro escolar)
  • Que teña contrato laboral (mentres dure a situación de contratado)
  • Que perciba o subsidio por desemprego
  • Que estea dado de alta nun réxime da Seguridade Social, como titular

        O alumnado que se encontre nalgunha destas situacións non terá dereito á prestación do seguro escolar, xa que son incompatibles os dous seguros.

Festigual 22 novembro

O pasado 22 de novembro, o alumnado de 2º da ESO tivo a ocasión de desfrutar do espectáculo teatral "SOÑOS", a cargo da compañía ARTEFEITO, CULTURACTIVA PRODUCIÓNS e IGAXES (ONG para o futuro da infancia e a xuventude en risco de exclusión). "Soños" é a primeira obra teatral galega que trata a situación da xuventude tutelada. Nela o autor e a directora levan ao escenario as súas experiencias, conseguindo chegar aos noso corazóns.
IGAXES facilitou ao centro una unidade didáctica que se traballará a través da titoría.

Familias, se vos animades a  asistir a calquera dos espectáculos ofertados ata o 3 de decembro, que son gratuítos, consultade no enlace a programación:  https://www.festigual.gal/es/

Concurso de caixas de reciclaxe

O xurado do I concurso de decoración de caixas de reciclaxe do IES Rego de Trabe, formado por membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, concedeulle o primeiro premio ao grupo de 1ºESO-C. Parabéns aos gañadores e ao resto de participantes.

FOTOS

 

FESTIGUAL 9 DE NOVEMBRO

O xoves, 9 de novembro, o alumnado de 1º da ESO tivo a ocasión de desfrutar do espectáculo de teatro, música e danza "PICASSO: LA MIRADA DE LAS MANOS", incluída na programación do FESTIGUAL en Coruña. 

Esta obra foi representada pola compañía profesional de danza EXPERIMENTADANZA, amosando nesta peza a fermosura da danza inclusiva e pola BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA, que acompañou de xeito maxistral en todo momento, facéndonos pasar por instantes de ledicia, inquedanza, medo... foi unha experiencia moi enriquecedora.
 
Familias, no enlace podedes consultar a programación por se vos animades a  asistir a calquera dos espectáculos ofertados ata o 3 de decembro, que son gratuítos.  

CLUB DE LECTURA PARA PERSOAS ADULTAS

Este curso 2023-2024 daremos continuidade ao Club de lectura para as persoas adultas da comunidade educativa do noso IES: alumnado adulto, pais, nais, titores e titoras legais, irmáns e irmás maiores, persoal docente e persoal non docente están convidados a unirse a esta iniciativa.

No noso percorrido faremos unha escala cada mes onde nos achegaremos a diferentes

xéneros literarios. Esta xuntanza levarase a cabo, como de costume, os luns ás 18,15

horas na biblioteca do edificio principal do centro, aínda que se poderán

realizar cambios se os membros así o acordasen.


Quen teñades ganas de participar neste proxecto, organizado pola profesora 
Elena Haz,

dentro das actividades do equipo de biblioteca, por favor escribide un

correo electrónico á dirección clubdelectura@iesrdt.com ou ben inscribídevos na

conserxería do centro, antes do 28 de outubro.

Atte, Elena Haz.

Distribuir contido


by Dr. Radut