Skip to Content

COPA COLEXIAL FEMININA: PASO Á FASE NACIONAL

O martes 30 de abril xogouse na Polideportiva de Riazor a final feminina da Copa Colexial Coruña entre o IES Rego de Trabe, que chegaba por primeira vez a una final despois de catro años tentándoo e o Colexio Maristas, gañador das catro últimas edicións.

O encontro quedou marcado por un parcial inicial de 12-0 para Maristas, que empezou máis seguro. En canto o Rego foi capaz de anotar, o partido equilibrouse e voltouse máis igualado, ata chegar ata só 5 puntos de diferenza.

Despois doutro arreón de Maristas ao comezo do terceiro cuarto volveuse a elevar a diferenza, ata que outra reacción do Rego levouno a achegarse no marcador, Non foi posible culminar a remontada, quedando o 39-49 coma resultado definitivo. Isto fixo que o Rego fose un dos mellores segundos clasificados das 9 fases.

Salientar que o equipo do IES Rego de Trabe estaba formado, na súa gran maioría, por rapazas de menor idade que as rivais, incluso algunha con cinco anos menos.

Para a entrega de premios tivemos nada máis e nada menos que ao entrenador e xogadores do equipo de LEB Oro do Basquet Coruña.

Ao ser un dos tres mellores segundos das nove sedes nacionais da competición, o equipo acadou a clasificación para a Fase Nacional a celebrar en Pozuelo de Alarcón (Madrid) os días 17, 18 e 19 de maio.

Agradecemos ao Concello de Culleredo a súa colaboración e particularmente a Gestagua, que serán os nosos patrocinadores, asumindo tanto o coste das inscricións como do transporte, o que nos brinda a oportunidade única de vivir unha experiencia coma esta.



page | by Dr. Radut