Skip to Content

Ruta en BBT pola ría do Burgo e o río Mero

O luns día 27 pola mañá, 15 alumnos de Ciencias Aplicadas de 4º de ESO realizaron unha ruta de 25 km en bicicleta de montaña dende o IES ata o encoro de Cecebre, seguindo o fermoso paseo da ría do Burgo e do río Mero. A actividade foi organizada polos departamentos de EF do IES Rego de Trabe e do CIFP Universidade Laboral e levouse a cabo con bicicletas pertencentes ao Ciclo Medio de Guía no medio natural e de tempo libre, contando coa colaboración de profesorado e alumnado do devandito Ciclo Medio.
Agredecemos a súa colaboración!!!

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MÓBILES USADOS "MOVILizate por la selva"

No CEIP Isaac Diaz Pardo un grupo de nenas e nenos estan facendo unha campaña de recollida de móbiles usados co obxectivo de axudar a salvar a selva africana.

Na entrada do noso centro hai unha caixa para que ata mediados de abril o poidamos colaborar traendo eses móbiles que temos sen uso por ai perdidos nun caixón.

Para mais informacion podedes ver este video feito por alumnado do Isaac Diaz Pardo

VIDEO

Participación no Campionato Intercomarcal de Orientación

Dentro do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva, o alumnado clasificado de 3º ESO e 4º ESO na fase local, participou o martes 21 de marzo no Campionato Intercomarcal de Carreiras de Orientación a Pé. 
Nunha xornada na que destacaron o esforzo e o xogo limpo, competiron 38 xogadores e xogadoras as e clasificamos para o Campionato Provincial a 27 competidores e competidoras. 
O Campionato Provincial será o vindeiro mércores, día 29 de marzo, en Porto do Son. 
Cabe destacar que Manuela Blanco, Antía Mosquera, Sabela Rubín e Brais Vázquez acadaron medalla!
Parabéns polos resultados!!!
Desexámosvos moita sorte!!!

O Rego de Trabe nas semifinais da Copa Colegial!!

Tras vencer en cuartos de final ao Liceo 52-35, nun vibrante partido xogado no pavillón do Sofía Casanova, co apoio que agradecemos da nosa afección, o equipo acadou o pase á semifinal, que se xogará contra Compañía de María.
 
Moita sorte neste enfrontamento, no que se repetirá o partido da final do ano pasado!!!
 

ÉXITOS DEPORTIVOS DE ALUMNADO DO NOSO INSTITUTO

Alicia Chamorro e Javier Picos, de 3º de ESO, acaban de recoller sendos recoñecementos aos seus esforzos nos deportes que practican:

 

       CAMPIONA DE EUROPA DE MUAY THAI         DE MENOS DE 16 ANOS E 50 kg DE PESO CAMPIÓN GALEGO DE 600 m, MARCA RÉCORD GALEGO

As súas seguintes citas serán no mundial de May Thai e o campionato de España de atletismo que se disputará o 25-26 de marzo en Expourense. Moita Sorte!!!

O Rego de Trabe nos cuartos de final da Copa Colexial

Tras gañar na precopa ao Obradoiro, o noso equipo de baloncesto masculino xogará os cuartos de final da Copa Colexial contra o Liceo!
Será o vindeiro mércores, 15 de marzo, ás 19 horas no pavillón do CEIP Sofía Casanova. 
Desexámosvos moita sorte!

 

VISITA A CIFP Universidade Laboral

O pasado 3 de marzo, o alumnado de 4ESO de Ciencias aplicadas do noso centro achegouse ao CIFP Universidade Laboral para coñecer as súas instalacións e talleres, así como para recibir información dos ciclos formativos que alí imparten. A súa orientadora e o profesorado das familias de Enerxía e Auga, Instalación e mantemento, Marítima-pesqueira ou de Actividades físicas e deportivas, amosáronnos en que consisten os seus ciclos e para que capacitan profesionalmente

ASISTENCIA DE ALUMNAS DO CENTRO AO OBRADOIRO MOTIVACIONAL SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS

Onte, 1 de marzo, algunhas alumnas do IES Rego de TRabe e do IES Eduardo Blanco Amor asistiron a un obradoiro motivacional sobre novas tecnoloxías organizado pola Asociación Nacional Presencia Gitana  xunto co Concello para animar ás mulleres, en especial ás da comunidade xitana, a continuar formándose para ter maiores oportunidades e reducir a discriminación e a fenda de xénero dixital. Tivemos a grande sorte de poder conversar e escoitar a vivencia persoal de Gisela, unha moza xitana que estuda na Universidade da Coruña. 

 

 

TEATRO CLÁSICO

Os alumnos de primeiro de bacharelato acudiron hoxe o teatro para ver a obra "MEDEA"

VÍDEO DE ARANTZA PORTABALES

Tras a lectura do libro de Arantza Portabales, Beleza Vermella, o alumnado da ESA fixo chegar á autora por medio do seu profesor unha serie de preguntas para completar a experiencia. Arantza enviounos un vídeo no que se apoia nas impresións que recibiu para afondar nas ideas que pretendía transmitir. 

Distribuir contido


by Dr. Radut