Skip to Content

CURSOS DE ACREDITACION DIXITAL

O 15 de abril terá lugar unha reunión no salón de actos do edificio principal do IES Rego de Trabe para expoñer as caracterísitcas dos vindeiros cursos de acreditación dixital para persoas adultas, que se desenvolverán nas seguintes datas:

  • O primeiro entre o 17 de abril e o 22 de maio, luns e mércores e xoves de 18.00 a 20.00 horas. 
  • O segundo no mes de xullo, de luns a venres, en horario de mañá.
Estes cursos son comtinuación dos realizados durante o ano 2023, polo que todas as persoas que asistiron a aqueles poderán matricularse nestes novos. Tamén son finaciados por Fondo Social Europeo, polo que non supoñen ningún custo.

Se non pode asistir a esa reunión e ten interés nalgún dos cursos, por favor infórmese a partir do 15 de abril na conserxería do instituto ou chamando ao 881906801.



page | by Dr. Radut