Skip to Content

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DAS BECAS AMANCIO ORTEGA

Para estudiantes de 4º de ESO.

Información aquí.

LISTAXES DO FONDO DE LIBROS

Están publicadas no taboleiro do centro. Quen teña chave 365 pode consultalo de fora telemática.

 

DATA DE COMEZO DO CURSO 2021 - 2022

Mércores 15 de setembro terán lugar as presentacións dos diferentes cursos.

A entrada farase pola entrada do pavillón, de maneira escalonada e atendendo ao seguinte horario:

1º ESO A 11:00 h

1º ESO B 11:05 h 

1º ESO C 11:10 h 

1º ESO D 11:15 h 

1º ESO E 11:20 h 

Os titores irán chamando a cada grupo de 1º da ESO para acompañalos á súa clase.

Para o resto de niveis, a entrada será a través da porta principal do centro, desde a que acudirán directamente á súa clase segundo o seguinte horario:

2º ESO 11:30 h
3º ESO 12:00 h
4º ESO 12:30 h

No caso do alumnado de Bacharelato, a entrada será pola porta principal do edificio das Mariñas nas seguintes horas:

1º BAC 11:00 h
2º BAC 11:30 h

A todo o alumnado enviarase notificación por abalar para que saiban o seu grupo.

A duración aproximada da presentación será dunha hora.

 

O Xoves 16 de setembro comezan as clases no horario de 8:30 a 14:00

 

A ESA comezará o 23 de setembro. O horario de presentación comunicarase a próxima semana.

 

CHEQUES DE MATERIAL

Os alumnos que se matricularon en setembro e que teñan dereito os cheques de material,poden pasar a recollelos

DOAZÓN DE LIBROS DE MATEMÁTICAS DE 1º E DE 2º DA ESO

Alumnado de 1º e de 2º de ESO poderá beneficiarse do empréstito do libro de texto de matemáticas, grazas a unha doazón que acabamos de recibir. 

Nos vindeiros días indicaráselles como se lles fará entrega dos mesmos.

O equipo directivo.

DEVOLUCIÓN EQUIPOS EDIXGAL

O alumnado de 2º da ESO que promocionou na convocatoria de Setembro, e polo tanto pasa para 3º da ESO debera entregar o equipo Edixgal no centro antes do Luns 13 de Setembro.

Así mesmo, aínda non habendo superado 2º da ESO, se o alumno non continua os seus estudos no IES Rego de Trabe, tamén ten a obriga de entregalo.

Os equipos deberan ser entregados en perfectas condicións (Limpos e co seu correspondente cargador e Maletín)

IMPORTANTE: Para a entrega do equipo é necesario asinar un documento de devolución, que e persoal e  soamente poden asinar os pais ou titores legais. Por este motivo ou ben a entrega a fan os pais ou titores legais, ou ben pode pasar outra persoa a recoller o documento para logo poder entregar o equipo unha vez asinado

ENTREGA DE BOLETÍNS E IMPRESOS DE MATRÍCULA PENDENTES DE SEREN ENTREGADOS

O alumnado da ESA recollerá a documentación o martes 7 ás 10.30 na aula de 4º ESO C. Preguntar en conserxería ao entrar.

O alumnado de ESO e de Bacharelato que non pasou a recoller os seus boletína debe recollelos en conserxería en horario de 10.00 a 13.00 h.

ADXUDICACIÓN DE FONDO DE LIBROS

As listaxes provisionais están publicadas no taboleiro da entrada do instituto. Quen o teña solicitado telematicamente poderá consultar o resultado da súa propia solicitude.

Teñen dous días a partir de hoxe para presentar reclamacións. As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de Setembro de 2021.

CHEQUES DE MATERIAL

Están dispoñibles os cheques de material para o alumnado que ten dereito a eles.

O horario de entrega será de 10:00 a 13:00

Para o alumnado que se atopa pendente de matricularse, os cheques estarán disponibles cando completen a matricula en Setembro

Distribuir contido


by Dr. Radut