Skip to Content

INSCRIPCIÓN DE FAMILIAS NA ANPA (Asociación de nais e pais do alumnado) "ÁNCORA"

Neste arquivo figura o que hai que facer para ser socio/a da ANPA. É moi interesante para os nosos fillos que esteamos vinculados ao seu centro de ensino. Animádesvos!!

PROXECTO E-DIXGAL

Na resolución provisional de centros admitidos no proxecto E-Dixgal, e o IES Rego de Trabe resultou seleccionado. Como consecuencia, o alumnado de 1º ESO non utilizará libros de texto nas áreas adscritas a ese proxecto, polo que non terá que mercar libros de texto de:

  • lingua castelá e literatura
  • xeografía e historia
  • relixión católica/valores éticos

Acto no horto escolar do RDT

O noso horto ecolóxico foi hoxe escenario dun acto no que o alcalde, os profesores, os técnicos e os estudantes do RDT celebraron o peche do programa iniciado en marzo do 2019. 

Horto escolar clausura

20 de xuño de 2019

4º da ESO e 1º de Bach - Bautismo de Surf

O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato desfrutaron dun día nas ondas. Realizaron un bautismo de Surf en Doniños.

bautismo de surf

19 de xuño de 2019

1º ESO conquista Galipark

O alumnado de 1º ESO pasou o día no parque Galipark en compañía de catro dos seus profesores. Houbo diversión de todo tipo, e sobre todo disfrutaron de un día de lecer en compañía.  

Galipark

19 de xuño de 2019

Charla FP Básica 18/19

Antigo alumnado do noso centro: Julián Martínez, Ismael Anlló e David Dono, acudiu ao noso centro para contar as súas experiencias en ciclos de Formación Básica. 

Grazas pola vosa visita e por contarnos as vosas vivencias neste curso académico.

charla FP básica 18-19

18 de xuño de 2019

3ºESO visita as Fraga do Eume e fai kayak

O alumnado de 3º da ESO do RDT visitou as Fragas do Eume e realizou kayak. Foi unha xornada pasada por auga pero chea de bos momentos.

Non te perdas as fotos (fai clic na imaxe para acceder á galería)

3ºESO visita as Fragas do Eume e fai kayak

18 de xuño de 2019

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE FONDO DE LIBROS

O prazo para a devolución dos libros de texto obtidos en calidade de préstamo polo fondo de libros remata o venres 21 de xuño.

O alumnado que vaia sabendo que aprobou todas as áreas debería ilos entregando en conserxería, para axilizar o proceso de devolución.

Alumnado clasificado para o Campionato Provincial de Atletismo

Alumnado de 1º da ESO do RDT participou hoxe, 26 de maio de 2019, no Campionanto Provincial de Atletismo. Parabéns pola vosa participación!

Campionato Provincial de Atletismo

26 de maio de 2019

Xornadas de acollida CEIP Sofía Casanova e CEIP Vila de Rutis curso 2018/19

Hoxe día 24 de maio de 2019 recibimos no noso centro ao alumnado de 6º de EP do CEIP Sofía Casanova e CEIP Vila de Rutis.

O alumnado de 1º da ESO, excompañeiros dese centro, foi o encagado de introducirlles todas as novidades que se atoparán no próximo curso académico. Ademais, o profesorado de materias optativas dedicou uns minutos a concretar en que consistirán as súas materias. 

Remataron a súa visita cun paseo polo centro e cunha saborosa merenda. 

(clic na imaxe para acceder á galería)

Xornadas acollida Sofía Casanova e Vila de Rutis 2019 

24 de maio de 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut