Skip to Content

AVISOS SOBRE ADMISIÓN CURSO 2021-2022

1. Infórmase de que ao haber menos solicitudes de admisión que prazas disponibles non será preciso baremar.

As listaxes de admitidos serán publicadas proximamente.

2. O alumnado que cursa 4º de ESO neste centro e desexa continuar o Bacharelato no Rego de Trabe,  non necesita facer solicitude de admisión

CONCURSO CÓMIC DO DÍA DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA

O xurado estableceu que o premio será ex aequo, compartido polas dúas gañadoras. Cada unha de elas recibirá un premio valorado en 50€, a investir en material nunha das librerías do concello.

  • Ainhoa García González, de 1º de ESO A
  • Suevia Casal González, de 1º de ESO G

 

 

 

O 8M NO RDT

Sendo un ano tan complexo, estamos temos moitas ataduras para traballar como nos gustaría. Inda así non esquecemos datas e feitos que nos parecen de interese para toda a sociedade.

 

AVISO: ADMITIDO O ALUMNADO DOS COLEXIOS ADSCRITOS QUE FIXO RESERVA

Foi admitido todo o alumnado dos colexios adscritos (CEIP Dïaz Pardo; CEIP Sofía Casanova; CEIP Vila de Rutis) que fixo reserva no IES Rego de Trabe para o curso 2021-2022

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL. INFORMACIÓN E CALENDARIO

Enlace á información xeral sobre as probas:

http://www.edu.xunta.gal/fp/probas

 

Enlace ao calendario de inscripción e realización das probas:

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/9041

 

II TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO

FACENDO CANTEIRA...

Por segundo ano consecutivo, un grupo de catro alumnos de 2º da ESO e un de 1º de Bacharelato matriculados na optativa de Oratoria participaron no II Torneo de Debate Académico de Galicia na Fundación Barrié.

O grupo debatiu en tres sesións sobre a pregunta: "Democracia vs. Tecnocracia: qué sistema de gobierno es más apropiado para afrontar los retos del siglo XXI en los países miembros de la unión Europea?".

Parabéns ao noso equipo polo traballo e esforzo, xa que este ano conseguiron gañar un dos debates.

STEM NO REGO DE TRABE

 

 

Veñen de ser aprobadas os proxectos que dende o centro temos presentado para desenvolver dúas liñas dentro do campo STEM (Science, Technology, Engineering and Maths):

  • CLUB DE CIENCIAS
  • ESPACIO MAKER

En ambos proxectos será o alumnado que se anime a participar, de calquera curso, os protagonistas, sempre coa guía e orientación de un equipo de profesorado, nos períodos de lecer: recreos e o mediodía de dous luns ao mes.

O obxectivo de ambos é achegalos ás ciencias e á tecnoloxía, aprender a facer facendo, sendo artífices da súa propia aprendizaxe e levando á práctica todo o seu coñecemento nesas materias, favorecendo así un maior afondamento nas mesmas, e propiciando a adquisición de competencias cada vez máis demandadas no ámbito académico e profesional, como o traballo colaborativo e a comunicación oral.

O club de ciencias arrancou este luns 18 de novembro. O espacio maker inda está empezando a tomar forma, pois polo momento só foi publicada a resolución provisional dos novos centros maker da presente convocatoria.

INSCRIPCIÓN DE FAMILIAS NA ANPA (Asociación de nais e pais do alumnado) "ÁNCORA"

Neste arquivo figura o que hai que facer para ser socio/a da ANPA. É moi interesante para os nosos fillos que esteamos vinculados ao seu centro de ensino. Animádesvos!!

PROXECTO E-DIXGAL

Na resolución provisional de centros admitidos no proxecto E-Dixgal, e o IES Rego de Trabe resultou seleccionado. Como consecuencia, o alumnado de 1º ESO non utilizará libros de texto nas áreas adscritas a ese proxecto, polo que non terá que mercar libros de texto de:

  • lingua castelá e literatura
  • xeografía e historia
  • relixión católica/valores éticos
Distribuir contido


by Dr. Radut