Skip to Content

Xornadas de acollida CEIP Isaac Díaz Pardo curso 2018/19

Hoxe día 23 de maio de 2019 recibimos no noso centro ao alumnado de 6º de EP do CEIP Isaac Díaz Pardo.

O alumnado de 1º da ESO, excompañeiros dese centro, foi o encagado de introducirlles todas as novidades que se atoparán no próximo curso académico. Ademais, o profesorado de optativas dedicou uns minutos a concretar en que consistirán as súas materias. 

Remataron a súa visita cun paseo polo centro e cunha saborosa merenda. 

(clic na imaxe para acceder á galería)

Xornadas acollida Isaac Díaz Pardo 2019

23 de maio de 2019

SOLICITUDE DE AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E ACCESO AO FONDO SOLIDARIO DA XUNTA

Aberto o prazo para solicitude de axudas, que rematará o 21 de xuño. Vexa infomación completa.

As solicitudes presentaranse  empregando a aplicación informática "fondo de libros" 

De ter dificultades para facelo por esta vía, teñen un ordenador á súa disposición no instituto, onde se lles darán as indicacións que poidan precisar. 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2019-2020

1º ESO

2º ESO

3º ESO

1º BACH (este arquivo contén dúas follas)

2º BACH

 

NOTA: Contra estas listaxes cabe interpoñer recurso de alzada.

2ºC e 2ºD visitan o MUPEGA en Santiago de Compostela

O alumnado de 2ºC e 2ºD visitou o Museo Pegadóxico de Galicia

(clic na imaxe para acceder á galería)

 MUPEGA 2ºC e 2ºD

07 de maio de 2019

CHARLA PARA FAMILIAS A CARGO DE PERSOAL DA GARDA CIVIL. 6 maio 2019

Hoxe, luns 6 de maio ás 18.30 h.  terá lugar a charla a cargo de persoal da Garda civil dirixida a nais/pais/titores sobre violencia de xénero.

Lugar: salón de actos do centro

XXIV Día da Ciencia na Rúa

Este ano o IES Rego da Trabe participa no XXIV Día da Ciencia na Rúa

O evento terá lugar o sábado 4 de maio entre as 11 da mañá e as 7 da tarde no Parque de Santa Margarita, arredor da Casa das Ciencias.

O alumnado que participa leva traballado moito neste proxecto, con moita ilusión e ganas e merece os nosos parabéns. Estades invitados a visitarnos, para ver o traballo que realizaron.

Accede facendo clic na imaxe a circular do evento

Se queres ter aínda máis información accede ao seguinte documento facendo clic nel.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 1º ESO

 2º ESO

 3º ESO

1º Bacharelato

2º Bacharelato

Prazo de reclamación: 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación (do 25 de abril ao 2 de maio ambos incluídos)

Probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior para o ano 2019

Consulta a  ORDE do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Grao Medio:O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
  • Grao Superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.

Charla sobre diversidade sexual e de xénero

O alumnado de 3 ESO do RDT asistiu a unha charla sobre diversidade sexual e de xénero.

A ponente, Cristina Palacios Castro presidenta da asociación ARELAS, afondou na importancia de catro aspectos a diferenciar neste tema: a identidade de xénero; a expresión de xénero; o sexo asignado e a orientación sexual. A combinación de todos dá lugar a unha rica diversidade. 

Charla diversidade sexual

Sabor Venezolano

No segundo recreo do día de hoxe no RDT os corredores sabían a Venezuela.

 

Unha resposta por un bocado. O alumnado para probar un bo manxar debía dar resposta a unha cuestión sobre o país Venezolano.

 

Grazas a Sofía, Daniela e Hugo e as súas familias pola súa colaboración. Todos aprendemos moito grazas a eles.

Sabor a Venezuela

 

Distribuir contido


by Dr. Radut