Skip to Content

REINTEGRO DE BOLSAS

INFORMACION SOBRE REINTEGRO (DEVOLUCION) BOLSAS CURSO 2020/2021

Entenderase que non se destinou a bolsa detinada a estudios de Bacharelato e procedarase por esta unidade ao trámite de reintegro (devolución) nos seguintes supostos:

  • Causar baixa no centro, anular matrícula ou renunciar antes do remate do curso 2020/2021.
  • Non ter asistido a un 80% ou máis das horas lectivas, salvo dispensa de escolarización.
  • Non ter superado o 50% das materias, créditos ou horas matriculadas, en convocatoria ordinaria nin extraordinaria

Tamén se procederá ao reintegro (devolución) nos seguintes casos:

  • Cobros indebidos de contías ben sexa por erro ou por outras causas.
  • Ocultamento ou falsificación de datos (incluída a icompatibilidade con outras bolsas)

ABEIRO LEGAL

ARTIGOS 40,41,42,43,44,45 E 46 DA RESOLUCION DA SECRETARIA DE ESTADO DE EDUCACION, POLA QUE SE CONVOCAN BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO 2020/2021 PARA ESTUDANTES DE NIVELES POSTOBRIGATORIOS

ART 36 E SEGUINTES DA LEI 38/2003, DO 17 DE NOVEMBRO, XERAL DE SUBVENCIÓNS, E NO RD 887/2006 POLO QUE SE APROBA O SEU REGULAMENTO

SOLICITUDE FONDOLIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

Desde o 21 de maio ata o 22 de xuño está aberto o prazo de solicitude do Fondo solidario de libros de texto e material escolar. Véxanse os arquivos que figuran a continuación:

Circular informativa ás familias (resumo das Instrucións)

Anexo I e Anexo II

Instrucións completas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Inda que tardaramos en publicalo na web, o día das letras galegas tampouco este ano pasou sen ser lembrado no instituto, en boa medida impulsado polo equipo de biblioteca e o de dinamización da lingua galega.

Este ano homenaxeamos a Xela Arias, unha poeta que trouxo un xeito diferente de amosar a poesía na nosa lingua, acompañada en ocasións por outras formas artísticas, coma a fotografía.

Velaí un quebracabezas elaborado a partir de unha foto de Xela e de algúns dos seus versos, que puidemos admirar no recibidor do centro.

 

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

Con data do día 10 de maio de 2021 pubícanse as listaxes definitivas de admisión de alumnado para o curso 2021-2022.

Non houbo cambios con respecto ás listas provisionais, polo que estas quedan confirmadas automaticamente.

INFORMACIÓN SOBRE ITINERARIOS, MODALIDADES E ÁREAS E MATERIAS OPTATIVAS

Nas seguintes ligazóns terá acceso a información útil a ter en conta antes de cubrir o formulario da sondaxe para o deseño da oferta educativa:

 

 

 

RESEÑAS DE ÁREAS E MATERIAS OPTATIVAS

Breve descrición de algunhas das áreas ou materias optativas que se ofertan dende os departamentos didácticos, susceptibles de formar parte da oferta educativa do 2021-22 en función da demanda do alumnado:

 

 

 

DÍA NA CIENCIA NA RÚA 2020

A pesar das circunstancias anómalas non podemos deixar de festexar un día tan consolidado na cidade da Coruña como o da ciencia na rúa, no que vimos de participar por segundo ano. Nesta ocasión, non puido ser na rúa, senón no teatro, pero non por iso se restou ilusión e traballo.

Participaron o alumnado que forma parte do Club de Ciencia, xunto cos docentes que levan xogando e investigando na ciencia dende o comezo de curso, xuntándose en boa parte dos recreos.

Só unha pequena parte deles puideron amosar o seu traballo dende o esecnario do teatro, e uns cantos máis puideron acompañalos dende o patio de butacas, pois o acceso estaba fortemente limitado. Inda así, fomos moitos os que estivemos pendentes e contentos do seu rotundo éxito. Parabéns!

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DO PRIMEIRO CUADRIMESTRE DA ESA

O mércores 12 de maio realizaranse os exames correspondentes á convocatoria extraordinaria do primeiro cuadrimestre da ESA:

10.10h: Ámbito científico

11.30h: Ámbito social

12.30h: Ámbito de comunicación

CALENDARIOS DAS SEMANAS DE EXAMES DE BACHARELATO

Nas datas que comprenden os seguintes calendarios o alumnado de Bacharelato só asistirá ao centro para a realización dos exames ou das clases que lles correspondan. O profesorado terá informado ao seu alumnado ao respecto.

1º de Bacharelato

2º de Bacharelato

 

DÍA DO LIBRO 2021

No Rego de Trabe festexamos o día do libro cun bookface!

 

 

 

Entrega de Diplomas ao alumnado de 4º ESO e 1º Bach participante na XII Olimpiada de Xeoloxía

Alumnado de 4º e de 1º Bacharelato participou na XII Olimpiada de Xeoloxía, celebrada na sede de A Coruña o  24 de febreiro de 2021. A iniciativa correu a cargo do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do centro.

Unha alumna de 4º conseguiu un accésit.

 O venres 16 de abril, a dirección do IES Rego de Trabe xunto co profesorado de Bioloxía e Xeoloxía entregou uns diplomas recoñecendo a participación do alumnado e felicitando polos resultados.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut