Skip to Content

EXAMES DE SETEMBRO. CALENDARIO E INSTRUCIÓNS

TODOS OS EXAMES TERÁN LUGAR NO EDIFICIO PRINCIPAL. No recibidor terán instrucións para atopar as aulas de cada exame.
Non se poderá abandonar a aula do exame ata pasados 15 min do comezo do mesmo.
Non se permitirá entrar na aula do exame pasados 15 min do comezo do mesmo.
Non se permitirá levar reloxio, nin analóxico nin dixital.
Calquera manipulación de un teléfono móbil dentro da aula do exame implicará a retirada do mesmo e cualificarase con un 0.
Deberase levar o cabelo apartado das orellas.

Observacións:

(1) O ALUMNADO CUNHA ÁREA OU MATERIA PENDENTE DE UN CURSO ANTERIOR FARÁ AMBOS EXAMES NA MESMA CONVOCATORIA. SUMARÁSELLES O TEMPO CORRESPONDENTE AO NÚMERO DE EXAMES A REALIZAR.
(2) Cando aparece MATEMÁTICAS, refírese a MATEMÁTICAS ACADÉMICAS E MATEMÁTICAS APLICADAS (3º e 4º da ESO) ou a MATEMÁTICAS I E MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS I (1º de Bacharelato)

LIBROS DE TEXTO 2021 - 2022

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACH

2º BACH

 

OBSERVACIÓNS:

  • INGLÉS: NON HABERÁ WORBOOK PARA NINGÚN CURSO.
  • LINGUA GALEGA E LITERATURA: NON HABERÁ LIBRO DE TEXTO PARA 2º DE ESO. PARA 1º DE ESO RECOMÉNDASE AGARDAR A INSTRUCIÓNS DO PROFESORADO UNHA VEZ COMEZADO O CURSO.

LIBROS DE EMPRÉSTITO

En 1º e 2º de ESO, por ser centro E-Dixgal, non temos dereito ao fondo de libros da Consellería. Dado que dispoñemos de libros de anos anteriores, repartiranse en función das exixtencias coas seguintes premisas:

  • Se hai libros suficientes, repartiranse a todo o alumnado.
  • Se non hai libros suficientes distribuiranse entre o alumnado que teña dereito a cheque de material.
  • Se inda así non hai suficientes para estes, empezaranse a distribuír polo alumnado que teña por inicial do primerio apelido a letra H.

INFORMACIÓN PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DO ANO 2021-22 E OUTRAS INSTRUCIÓNS

Pinchando na imaxe accede á documentación que se precisa para a formalización da matrícula e outras instrucións.

 

O ALUMNADO QUE REPITA 2º DE BACHARELATO VIRÁ RECOLLER A DOCUMENTACIÓN ATA O 7 DE XULLO E FORMALIZARÁ A MATRÍCULA ATA O 9 DE XULLO.

 

 

ENTREGA DE NOTAS E SOBRE DE MATRÍCULA

O boletín de notas será entregado o vindeiro venres 25 de xuño, ás 11:00 na aula de cada grupo.

Nese momento o alumnado que aprobase todo, recibirá o sobre de matrícula con toda a información necesaria e o consello orientador.

RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNADO DA ESA

O prazo para a reserva de praza para cursar estudos da Educación Secundaria de Adultos permanece aberto ata o 30 de xuño. Poden recoller en Conserxería a documentación necesaria, en horario de 9.00 a 13.00 h.

MATRÍCULA ANO ACADÉMICO 2021-22

A semana pasada enviamos o formulario para a elaoración de un dos impresos da matrícula, que debe ser cuberto e enviado antes do 8 de xuño ás 9 da mañá.

  • Ao alumnado atual do IES Rego de Trabe, por AbalarMobil
  • Ao alumnado de 6º de Educación Primaria dos centros adscritos, coa colaboración dos equipos directivos correspondentes
  • Ao alumnado procedente de outros centros e que obtiveron praza connosco para o ano que vén, por correo electrónico.

Se algunha das familias que estea en calquera destas circunstancias non o ten recibido, por favor que chame por teléfono ou envíe un correo electrónico: 881 960 801, ies.regodetrabe@edu.xunta.gal.

Os impresos seranlles entregados ao alumnado que promocione en xuño xunto cos boletíns de notas.

No caso de alumnado que proceda de outros centros, non adscritos ao IES Rego de Trabe, podrán recollelos en Secretaría. Serán informados dos días que deben vir.

 

 

CONCURSO DE ROBÓTICA LEGO LEAGUE

Un equipo de nenas de 1º e 4º de ESO, entrenadas por una alumna de 1º de Bacharelato participaron o sábado 29 de maio na edición 20-21  do concurso de robótica da First Lego League. Por mor  da pandemia, a retransmisión fíxose dende o instituto, e foi retransmitida en streaming. Fixeron un grande traballo ao longo de todo o curso, que se viu reflectido na súa intervención e nos resultados acadados: quedaron de oitavas de Galicia, e obtiveron o premio á mellor entrenadora. Parabéns a todas elas e ao profesorado que as foi guiando en todos eses recreos e xantares compartidos!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut