Recomendación de lectura para o verán

Se premes na imaxe descargas a guía de verano da biblioteca.
Disfruta do verán e da lectura!!!

Remembering

Recordos, momentos cando menos diferentes e un pouco de nostalxia... Todo iso,  e un montón de fotos e vídeos, hai nos artigos subidos por Raquel a sección de inglés. Para velos preme aquí

Primeira Lingua

No blogue "Primeira Lingua", levado polo alumnado de 1º da ESO de Lingua Galega, están recollidos os traballos realizados en homenaxe a Manuel María, protagonista do Dia das Letras Galegas de 2016.

Premendo sobre a imaxe podedes acceder ao blogue

primeira lingua

XI Olimpiada de Bioloxía-Fase Estatal

Actualizada

 

Parabens para TANIA PENAS IGLESIAS, acaba de gañar a medalla de ouro da XI Olimpiada de Bioloxía na fase nacional.

Na imaxe da dereita, Tania entre o conselleiro de Educación, Roman Rodríguez e o rector da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

Tedes máis información no artigo do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Tania participará na  fase internacional, que se celebrará en Hanoi (Vietnam) en xullo de 2016. 

Para máis información aquí está o enlace a páxina da XI Olimpiada de Bioloxía.

Noraboa outra vez!!!

Na imaxe superior os gañadores, e na imaxe da esquerda con Esther, a  profesora de bioloxía

XXXIII Olimpiada de Quimica

O pasado 18 de marzo celebrouse a XXXIII Olimpiada de Quimica de Galicia, organizada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia. Contou coa participación de alumnado do centro. Para máis información preme aquí

Pontepedriña goes to London 2016

Un ano máis o alumnado de 4º da ESO foi a Londres. O grupo, máis numeroso que outros anos fixo o recorrido tradicional polas rúas de Londres, visitou os museos de Historia Natural e Ciencias , coñeceu o observatorio de Greenwich, e o Foot Tunnel, o mercado de Candem Lock...

Na imaxe esta o grupo en Chinatown o día da chegada

 imaxe grupo chinatown
 grupo southbank Aquí o grupo co Big Ben de fondo e abaixo o que esta de fondo é o Tower Bridge.

 Nas imaxes inferiores: dentro dos famoso buses vermellos de dous pisos (Double Decker) camiño de mercadillo de Camdem.

Para máis información da viaxe podedes acceder ao curso creado na AulaVirtual, cos materiais complementarios e máis imaxes, premendo aquí

 grupo london bridge
   

######## III Olimpíada Filosófica de Galicia #######

________________________________________________________________

PARABÉNS á nosa alumna Victoria Gutiérrez Robles, de 2º de Bacharelato, gupo C, GAÑADORA da III Olimpíada de Filosofía de Galicia, na modalidade de Disertación Filosófica,  na final que se celebrou o pasado xoves 3 de Marzo na Facultade de Filosofía de Santiago.

Imaxe VictoriaVictoria representará a Galicia na fase final da III Olimpíada Filosófica na que participará alumnado de toda España, e que se celebrará en Oviedo os días 15 e 16 de Abril.

________________________________________________________________

Reserva de praza e solicitude de admisión de ESO ou bacharelato no curso 2016-2017

* Para o alumnado do centro ou dos centros adscritos:O prazo de solicitude de reserva de praza para cursar estudos de ESO ou bacharelato é do 1 ao 15 de febreiro. O impreso corespondente pode descargarse (en formato pdf editable) premendo nesta ligazón. * Para alumnado de novo ingreso no centro (que non proceda dun centro adscrito):A solicitude de admisión é do 1 de marzo ao 20 de marzo. O impreso correspondente (en formato pdf editable) pode descargarse premendo nestoutra ligazón. Cómpre sinalar que deberán presentarse dúas copias asinadas (polos dous pais) pois unha delas será selada e serverá de resgardo. Ademais desa solicitude asinada polos dous pais, deberase achegar a seguinte documentación:

  • Libro de familia
  • DNI do alumno/a, se o ten

A documentación relativa á baremación non é necesario aportala neste prazo. No caso de ser necesaria, solicitaríaselles con posterioridade.Os interesados poden desacargar o calendario do proceso completo de adminsión e matrícula premendo nesta ligazón. Lémbrase que só se pode presentar unha única solicitude, no centro para o que se solicita praza en primeiro lugar. O incumprimento deste apartado implica a perda de todos os dereitos de prioridade que lle poideran corresponder ao alumno (artigo 7.3 do Decreto 254/2012).Lémbrase aos alumnos deste centro que soliciten praza noutro, que deben comunicar ao mesmo tempo a dita solicitude na secretaría do IES Pontepedriña, segundo o artigo 9.3 da Orde do 12 de marzo de 2013 

Héctor: o regreso (1)

Héctor Rodríguez  é doutor en Enxeñería Química e Ambiental e ademais  antigo alumno do IES Pontepedriña e..

Héctor Rodríguez

.

...se queredes saber máis da historia premede aquí

XI Olimpíada de Bioloxía

Parabéns para  TANIA PENAS IGLESIAS, gañadora na Fase

Autonómica Galega da XI Olimpíada de Bioloxía.

Un ano máis son as mulleres as que arrasan en ciencia, particularmente

en Bioloxía: temos unha campioa pero foron catro as olímpicas que participaron

nas probas o pasado venres 16 de Xaneiro.

 

participantesolbio

 

 Imaxe das participantes na olimpiada Carlota Pazos, Tania Penas, Paula Pais, Sofía Rendo

Distribuir contido