Axudas para libros de texto no curso 2015-16

A Consellería de Educación vén de publicar diversas instrucións relativas a axudas para os libros de texto do curso 2015-16. Así, o alumnado que nese ano curse

  • 1º e 3º de ESO: o sistema é similar ao de anos anteriores, de axudas para a adquisición dos libros, e vén regulado pola Orde do 22 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño).
  • 2º e 4º de ESO: o sistema será un fondo solidario de libros de texto, regulado pola Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño). O prazo de solicitude para entrar neste fondo vai do 2 ao 30 de xuño.


Todo o alumnado que foi beneficiario durante o curso 2014-15 das axudas para a adqusición de libros de texto ten a obriga de devolvelos. O incumprimento dese requisito, ademais de invalidar a posibilidade de participar nos sistemas citados, levará ao inicio pola Administración dun expediente de reitegro da axuda concedida.

A devolución dese libros de texto deberá facerse ao profesorado titor o martes 23 de xuño, no momento da recollida das cualificacións. Unicamente se conservarán ata setembro os libros das materias que se deban recuperar nesa convocatoria.

O calendario para os diversos procedementos pode descargarse premendo nesta ligazón. [Nota: A data que figura para a devolución dos libros, de 19 de xuño, debe considerarse que é o 23 de xuño, como se indicou no parágrafo anterior]

Finalistas do Parlamento Xove 2015!

diferentes imaxes do equipo na xornada de debate

Parabens!!!

O equipo de debate do Ies Pontepedriña, formado por Mar Álvarez, Adela Cebeiro, Nicolas Conseil e Ramón Daniel Regueiro e dirixido por Marilo Lagarón, ganou os tres debates nos que participou na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2015, polo que pasa a final de esta edición.

O tema de debate desa fase foi sobre a seguinte cuestión: debería adiantarse a maioría de idade legal aos 16 anos?. Premede aquí para máis información sobre o Parlamento Xove

Á espera da final, darlles de novo a noraboa.

Entrevista a Mar Álvarez e Adela Cebeiro

Premendo aquí está a entrevista a  Mar Álvarez e Adela Cebeiro feita polos  informativos de V Televisión, sobre a súa participación na Olimpiada de Filosofía.

Exposición Galicia Industrial

 

A exposición Galicia Industrial, patrocinada

por a Fundación Barrie de la Maza,

e coordinada por Belén Balbina Buño Fernández, María José Martínez Rey, Paz Freire Campo e Mª Begoña Torreiro Anta,  está instalada na segunda planta do instituto,

no pasillo dos laboratorios de Ciencias e Física e Química.

Permanecerá ata o mercores día 11 de Marzo.

II Olimpiada Galega de Filosofía

Tres das participantes da viaxe a Londres estaban entre as catro persoas finalistas da II Olimpiada Galega de Filosofía na categoría do "Dilema Moral", e tiñan que explicar a súa posición fronte ao dilema o Xoves 26 de Febreiro, en público nun acto na Facultade de Filosofía. Mar Álvarez, Andrea Barros e Adela Cebeiro fixerono vía Skype, a través do móbil dende Londres, concretamente dende o Darwin Center, no  museo de Historia Natural.

olimpiadagalegafilosofiamomento da final da II Olimpiada de Filosofía de Galicia. Para ver máis fotos premede aquí

Finalmente Adela Cebeiro foi a gañadora e por tanto a representante de Galicia na Olimpiada de Filosofía de España. Noraboa as tres pola súa boa participación e a profesora Pilar González Borrajo. Máis información da Olimpiada aquí

Viaxe a London 2015

fotogrupolondon

Dende o 24 de febreiro ata o 28 de febreiro o alumnado de 4º da ESO estivo visitando a cidade de Londres. A visita incluiu dende un paseo ao redor do Tamesis ata o mercado de Candem, ademais de visitas aos museos de Historia Natural, de Ciencias e o Británico.

A maiores aínda hubo tempo para que tres alumnas participaran na Olimpiada de Filosofía Galega dende alí, pero iso é outra historia..

Na foto está o grupo diante de onde estaba a fonte causante da epedemia de cólera do ano 1854. O nome do pub é en homenaxea John Snow, médico ingles que descubriu que ese era o foco do contaxio. Mais información de esto e do programa da visita aquí  (entrar como convidado). Proximamente estarán as fotos na galería do centro.
 

Participación no concurso Odisea

Nova edición do concurso on-line Odisea, cada vez con máis participantes a nivel nacional, e unha selecta representación do noso centro. 10 grupos, 27 entusiastas concursantes, estudiantes de Latín, Grego e Cultura Clásica, que loitaron 4 días mostrando o seu coñecemento do mundo clásico. ¡Noraboa, rapaz@s! Fortes Fortuna adiuvat

Olimpiada Matemática Galega

O 16 de xaneiro celebrouse a LI Olimpiada Matemática Galega. Noraboa a todos os participantes do IES Pontepedriña e en especial a Ángela Dono Carames que conseguiu unha mención de honra. Máis información premendo aquí

Soño de unha noite de verán

 

finaldaobra O Grupo de Teatro do IES Pontepedriña estrenou a súa obra "Soño de unha noite de verán" , unha adaptación da obra de Shakespeare do mesmo título. A estrea foi un exito como poderón comprobar o alumnado de 2º e 3º  da ESO, que asistiron a mesma. Informaráse da  data na que haxa unha nova representación.

 

 

Distribuir contido