II Olimpiada Galega de Filosofía

Tres das participantes da viaxe a Londres estaban entre as catro persoas finalistas da II Olimpiada Galega de Filosofía na categoría do "Dilema Moral", e tiñan que explicar a súa posición fronte ao dilema o Xoves 26 de Febreiro, en público nun acto na Facultade de Filosofía. Mar Álvarez, Andrea Barros e Adela Cebeiro fixerono vía Skype, a través do móbil dende Londres, concretamente dende o Darwin Center, no  museo de Historia Natural.

olimpiadagalegafilosofiamomento da final da II Olimpiada de Filosofía de Galicia. Para ver máis fotos premede aquí

Finalmente Adela Cebeiro foi a gañadora e por tanto a representante de Galicia na Olimpiada de Filosofía de España. Noraboa as tres pola súa boa participación e a profesora Pilar González Borrajo. Máis información da Olimpiada aquí

Viaxe a London 2015

fotogrupolondon

Dende o 24 de febreiro ata o 28 de febreiro o alumnado de 4º da ESO estivo visitando a cidade de Londres. A visita incluiu dende un paseo ao redor do Tamesis ata o mercado de Candem, ademais de visitas aos museos de Historia Natural, de Ciencias e o Británico.

A maiores aínda hubo tempo para que tres alumnas participaran na Olimpiada de Filosofía Galega dende alí, pero iso é outra historia..

Na foto está o grupo diante de onde estaba a fonte causante da epedemia de cólera do ano 1854. O nome do pub é en homenaxea John Snow, médico ingles que descubriu que ese era o foco do contaxio. Mais información de esto e do programa da visita aquí  (entrar como convidado). Proximamente estarán as fotos na galería do centro.
 

Participación no concurso Odisea

Nova edición do concurso on-line Odisea, cada vez con máis participantes a nivel nacional, e unha selecta representación do noso centro. 10 grupos, 27 entusiastas concursantes, estudiantes de Latín, Grego e Cultura Clásica, que loitaron 4 días mostrando o seu coñecemento do mundo clásico. ¡Noraboa, rapaz@s! Fortes Fortuna adiuvat

Olimpiada Matemática Galega

O 16 de xaneiro celebrouse a LI Olimpiada Matemática Galega. Noraboa a todos os participantes do IES Pontepedriña e en especial a Ángela Dono Carames que conseguiu unha mención de honra. Máis información premendo aquí

Soño de unha noite de verán

 

finaldaobra O Grupo de Teatro do IES Pontepedriña estrenou a súa obra "Soño de unha noite de verán" , unha adaptación da obra de Shakespeare do mesmo título. A estrea foi un exito como poderón comprobar o alumnado de 2º e 3º  da ESO, que asistiron a mesma. Informaráse da  data na que haxa unha nova representación.

 

 

Distribuir contido