INFORMACIÓN PARA ALUMNADO E FAMILIAS DO IES A PONTEPEDRIÑA

Recollida de cualificacións e entrega de libros en préstamo.

O alumnado de Bacharelato e Educación Secundaria recibirán as súas cualificacións e devolverán os libros que teñen en préstamo o DÍA 26 DE XUÑO. O horario é o seguinte:

  • Alumnado de Bacharelato: 10:00 horas.
  • Alumnado de 4º e 3º de Educación Secundaria: 11:00 horas.
  • Alumnado de 2º e 1º de Educación Secundaria: 12 horas.

Reclamacións as cualificacións finais en Educación Secundaria e da Convocatoria Extraordinaria en Bacharelato.

Reclamación ás cualificacións en 2º de Bacharelato.

  • Reclamación ás cualificacións de Bacharelato nos centros: 26 e 27 de xuño.
  • Resolución das reclamación nos centros: 28 de xuño.
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial :29 e 30 de xuño.
  • Comunicación das reclamación ante a Xefatura Territorial: 06 de xullo.
  • Matrícula extraordinaria para alumnado que aprobe 2º de bacharelato despois das resolución da Xefatura Territorial: 07 de xullo.

Reclamacións ás cualificacións de Educación Secundaria e Bacharelato.

  • Reclamación ás cualificacións nos centros: 26 e 27 de xuño.
  • Resolución das reclamación nos centros: 28 de xuño.
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial :29 e 30 de xuño.

Reclamacións ás cualificacións de Formación Profesional.

  • Reclamación ás cualificacións nos centros: 26 e 27 de xuño.
  • Resolución das reclamación nos centros: 28 de xuño.
  • Reclamacións ante a Xefatura Territorial :29 e 30 de xuño.

Matrícula do alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato.

  • O alumnado de Educación Secundaria e bacharelato do IES A Pontepedriña, que xa tivera realizada a pre-matrícula durante este mes de xuño, NON TEÑEN QUE FACER A MATRÍCULA.
  • O alumnado dos centros adscritos de Educación Secundaria e Bacharelato que xa tiveran realizada a pre-matrícula durante este mes de xuño, NON TEÑEN QUE FACER A MATRÍCULA.
  • O alumnado que NON fixera pre-matrícula debe matricularse entre o día 23 e 30 de xuño na Secretaría do centro ( horario de atención: 09:00 a 14:00 horas)

Matrícula do alumnado de 2º de Formación Profesional

  • O alumnado que PROMOCIONA A 2º CURSO debe matricularse o día 23 de xuño, no seguinte horario:
    • Alumnado Ciclo Medio Actividades Comerciais: 10:00 horas.
    • Alumnado Ciclo Superior Comercio Internacional: 11:00 horas.
    • Alumnado Ciclo Superior Xestión e Vendas: 12:00 horas. Alumnado de Formación Profesional Básica: 13: 00 horas
  • Alumnado de calquera ciclo formativo pendente de realizar as FCT´s( Formación en centros de traballo-prácticas-) e/ou Proxecto de fin de Ciclo: 07 de xullo ( 09:00 a 14:00 horas)

Matrícula do alumnado para 1º de Formación Profesional, Formación Dual e Formación a Distancia.

O alumnado que desexe facer Formación profesional ten toda a información en https://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp ( Oferta e Convocatoria para o curso 2023-24)