INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS

RÉXIME ORDINARIO E RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS.

  • O día 25 de xuño ábrese o período de presentación de solicitudes para o procedemento de admisión en ciclos no réxime ordinario e no réxime de persoas adultas. Remata este prazo o día 05 de xullo ás 13:00 horas.

  • Fechado o prazo de solicitude, publicaranse na páxina da Consellería de Cultura. Educación e Universidade ( https://www.edu.xunta.es/fp/) tanto as lixtaxes provisionais como as definitivas , comenzando o día 20 de xuño o proceso de matrícula coa 1ª adxudicación. Para ver o CALENDARIO DO PROCESO, prema aquí.

  • Para os ciclos en réxime ordinario requírese un número mínimo de doce solicitudes de matrícula admitidas de primeira opción por cada centro educativo nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de oito solicitudes en cada centro do resto de Galicia, para cada un dos ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior, no prazo ordinario de presentación de solicitudes. Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional para pór en funcionamento esta ensinanza, e mentres que non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar ningunha matrícula ( ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22) .

  • Para os ciclos en réxime de adultos, na modalidade semipresencial e a distancia a autorización quedará condicionada a que exista un número mínimo de vinte solicitudes de matrícula no módulo correspondente. Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Secretaria xeral de Educación e Formación Profesional para pór en funcionamento esta ensinanza, e mentres que non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar matrícula ningunha. ( ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime de persoas adultas, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22 ).

  • No caso de ciclos de grao profesional básico (FPB), para constituír un grupo do primeiro curso do ciclo formativo contabilizarase o alumnado de 15, 16 e 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo.

  • No caso do alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo (FCT) e, se é o caso, o módulo de proxecto, entenderase a presentación da solicitude como formalización de matrícula, para os efectos de tramitación dos correspondentes convenios para o desenvolvemento do devandito módulo.

  • O alumnado que se matricule en 2º curso de Ciclos Formativos utilizará o Anexo I para formalizar a súa matrícula. Para obter o Anexo I, prema aquí.

  • O alumnado que se matricule para realización da Formación en Centros de Traballo (FCT) e/ou módulo de Proxecto, utilizará o Anexo II. Para obter este Anexo, prema aquí.

  • Toda a información relativa ao proceso de Admisión atópase na Consellería de Cultura, Educación e Universidade :https://www.edu.xunta.es/fp/