FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-22

A Orde do 06 de maio de 2021 (DOG do 20 de maio de 2021) regula o procedemento para solicitar os LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.

1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 22/05/2021 ata o 22/06/2021, ambos os dous inclusive.

2. O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non teña praza en FPB no curso 2021/22 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda  poderán presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

4. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Opcionalmente poderanse presentar no IES ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. O alumnado que ven para 1º de ESO debe presentar a solicitude polo procedemento electrónico ou na Secretaría do IES A Pontepedriña.

7. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

8. O anexo I que debe presentarse está dispoñible: no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), ou na Secretaría do IES.

9. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automáticamente os datos, agás que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2019. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2019.

10. Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:

 1. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) .
 2. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2019. 
 3. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 
 4. Certificado de Convivencia, no caso de que o pai e a nai ou titor /es carezan de DNI e NIE
 5. Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia.
 6. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar. 
 7. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 
 8. Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial. 

11. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2019, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

12. O centro publicará as listaxes provisionais o 09 de xullo de 2021. Contra esta resolución poderán presentar reclamación nos 2 días seguintes a esta publicación. As listaxes definitivas publicaránse o 15 de setembro de 2021.

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.

Para mais información prema aquí.