NA BIBLIOTECA XA TEMOS PLAN PARA O NADAL:

Para o alumnado, para as familias, para profes... para esas tardes que non sabedes que facer, non hai mellor plan ca un libro, unha peli, ou mesmo as dúas cousas, por que non?.

Por iso, en colaboración coa biblioteca do IES ILLA DE SAN SIMÓN de Redondela, fixémosvos unha selección de lecturas en galego que foron levadas ao cine con éxito. Hai para todos os gustos e para todas as idades, e aínda que separamos as recomendacións para o primeiro ciclo da ESO ou para o segundo e bacharelato podedes acceder a calquera delas libremente e escoller as vosas obras preferidas!

Lembrade que podedes pedir en préstamo calquera delas enviando un correo a:

bibliopedrinhas@gmail.com

Deixámosvos os enlaces aos nosos Padlet especiais de Cinema e Literatura. Só tedes que premer na imaxe e xa se abrirá a pantalla no voso navegador coas recomendacións. Remexede, curioseade moito, mirade os libros e premede en continúa aquí para ver escenas ou trailers das películas!!

Esperamos os vosos comentarios para ver que vos pareceron...

Síguenos no Facebook: Ies Pontepedriña Biblio e en Instagram: bibliopedrinhas
 

FELICES LECTURAS E FELIZ NADAL!!!