INFORMACIÓN SOBRE ENSINO PRESENCIAL EN 1º DE BACHARELATO E CAMBIOS NOS HORARIOS E GRUPOS

Estimadas Familias e alumnos/as do IES A Pontepedriña:

Desde o luns, día 9 de novembro, todo o alumnado 1º de bacharelato comezará con ensino presencial. A concesión por parte da Consellería do profesorado necesario permite que todo o ensino de Educación Secundaria e Bacharelato sexa presencial.

Este feito obriga o centro a crear un novo grupo de 1º de bacharelato, unha nova distribución do alumnado de 1º de bacharelato, cambios nos/as docentes dos diferentes grupos do centro e un novo horario.

Nun momento tan compricado como o actual é necesario que todos os/as membros da comunidade educativa traballemos nunha mesma liña. Pedímosvos colaboración e comprensión con estes cambios.

A dirección do IES A Pontepedriña.