DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO EN PRÉSTAMO E LIBROS DA BIBLIOTECA

 

A devolución dos libros en préstamo realizarase entre o 16 e 19 de xuño. Traerán o mesmo día os libros que sexan de Fondo Xunta, Fondo IES, Fondo AMPA e Biblioteca.

  • 1º de ESO: Día 16 de xuño
  • 2º de ESO: Día 17 de xuño.
  • 3º e 4º de ESO: Día 18 de xuño.
  • Alumnado, con motivos xustificados, que non puido realizar a entrega o día marcado ou que realizaron entregas incompletas ou teñen libros de préstamo de bacharelato ou Formación Profesional Básica: Día 19 de xuño.
  • Aqueles alumnos/as que non teñan que vir a devolver libros de texto en préstamo ou sexan de bacharelato e teñan libros da biblioteca para devolver: Día 19 de xuño.

O procedemento de entrega será o seguinte:

  • A entrega realizaráse na entrada da Aula 0.
  • O alumnado esperará, mantendo a distancia de seguridade, a ser chamado.
  • O seu titor/a encargarase da recollida e comprobación do estado dos libros.
  • É obrigatorio traer máscara de protección, lavarse as mans o entrar no centro e desinfectar o calzado.
  • Un conserxe comprobará o entrar que o alumno/a pertence a ese grupo. 
  • Os/as titores recollerán os libros e comprobarán nas listaxes que a recollida é a correcta.
  • Os/as alumnos/as ou os seus representantes traerán consigo a copia do rexistro dos libros que lle foron entregados e que recibiron no momento do reparto dos libros. 
  • Os libros serán recollidos comprobando somentes que fan unha entrega completa. Si posteriormente comprobase a existencia de libros en mal estado ou incompletos, as familias serán chamadas para que asuman as responsabilidades derivadas de participar no fondo solidario.
  • De calquer discrepancia entre o entregado e o que figura nas listaxes tomarase nota para facer as pertinentes comprobacións e poder chamar as familias co que sexa.
  • Aqueles/as alumnos/as que realicen unha entrega incompleta teñen o día 19 de xuño para entregar o que se atope pendente

 

HORARIOS DE DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO EN PRÉSTAMO E DA BIBLIOTECA

 
1º de ESO 

(día 16 de xuño)
2º de ESO 

(día 17 de xuño)
09:30 -10:30: alumnos de 1º R. 09:30 -10:30: alumnos de 2º R.
10:30 -11:30: alumnos de 1º S. 10:30 -11:30: alumnos de 2º S.
11:30 -12:30: alumnos de 1º T 11:30 -12:30: alumnos de 2º T
12:30 -13:30: alumnos de 1º V.  
   
   
3º e 4º de ESO

(día 18 de xuño)
Alumnos/as con devolucións incompletas, retrasos e alumnado de bacharelato e Formación Profesional Básica
(día 19 de xuño)
09:30 -10:30: alumnos de 3º A 09:30 - 10:30: alumnos de ESO
(devolucións incompletas ou retrasos)
10:30 -11:30: alumnos de 3º B 10:30 - 11:30: alumnos de bacharelato e Formación Profesional Básica ou que so teñen que devolver libros da biblioteca
11:30 -12:30: alumnos de 4ºA  
12:30 -13:30: alumnos de 4ºB