INFORMACIÓN SOBRE HORARIOS DE CLASES ON LINE E ACLARACIÓN DE DÚBIDAS NO ACCESO A AULA VIRTUAL

Estimados/as alumnos e alumnas do IES A Pontepedriña, para favorecer o voso acceso a plataforma Aula Virtual, solucionar dúbidas sobre outros aspectos telemáticos e informarvos dos horarios de clases on line, atoparedes no apartado Alumnado dous subespazos. Un deles titulado “ Como acceder á Aula Virtual e outras dúbidas” ( para acceder prema aquí) e outro co título “Horarios clases on line por cursos” (para acceder prema aquí).