Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

A través da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva,

  • O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
  • Requisitos:

a) Estar cursando educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2017/18.

c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de Ben para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes. ( remata o día 5 de marzo de 2019).

Para máis información este é o enlace a Orde:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190220_lingua_alumnado.pdf.

No IES estamos a vosa disposición para calquer dúbida que teñades.