Día mundial da filosofía (17/11/2016)

Dende o departamento de filosofía do IES Pontepedriña animáronnos a celebrar o Día Mundial da Filosofía. Con este motivo, o alumnado de bacharelato preparou unha exposición sobre os/as principais filósofos/as da historia. Por outra banda, Berta Bueno e Alejandro Pazos presentaron unha coreografía baseada no mito de Sísifo.