Curso 2014-2015 Visita ao CIQUS
Enviado por nlucas o Xov, 05/02/2015 - 18:51
Mentres outros xa celebraban o comezo das vacacións de Nadal, parte do alumnado de Química e Bioloxía de 1º Bac achegábase ao CIQUS. A visita enmarcábase nas xornadas de porta abertas deste Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC, e incluía a realización dunha actividade de laboratorio: unhas etapas na síntese do ácido acetilsalicílico e do paracetamol.
A saída foi programada polo departamento de Física e Química, e aí están con Soco a primeiras horas do último día lectivo do trimestre, con Carme fóra do campo da cámara. Tedes moitas máis fotos na Galería.