FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024-25

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

  1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 21/05/2024 ata o 21/06/2024, ambos os dous inclusive.

  1. O alumnado que se incorpore ao centro fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte o da formalización de matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2025.

  1. A solicitude será única para todos os fillos e fillas que están admitidos no mesmo centro docente no curso 2024/25. Se estiveran admitidos en centros distintos presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

  1. Cando un/unha alumno/a, no momento de presentar á solicitude, non se atope admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro no que estivera matriculado no curo 2023/24.

  1. O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non teña praza en FPB no curso 2024/25 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda  poderán presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

  1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

  1. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

  1. Opcionalmente poderanse presentar no IES ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos, agás que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2022. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2022.

  1. O centro publicará as listaxes provisionais o 12 de xullo de 2024. Contra esta resolución poderán presentar reclamación nos 2 días seguintes a esta publicación. As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2024.

Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:

  1. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) .
  2. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2022.

  1. Certificado de Convivencia, no caso de que o pai e a nai ou titor /es carezan de DNI e NIE.

  1. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello onde resida (se non pode ser polos medios anteriores).

  1. Certificado ou volante de convivencia (se non pode ser polos medios anteriores).

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

  1.  Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia.

  1. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar. 

  1. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 

  1. Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial. 

  1. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2022, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.

Para mais información prema aquí .

CALENDARIO FINAL DE CURSO 2023-24. SEGUNDO DE BACHARELATO.

O IES A Pontepedriña informa do calendario de final de curso para o alumnado de 2º de bacharelato e as súas familias. Para ver o calendario prema aquí.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2024-25

Entre os días 01 e 20 de marzo de 2024, ambos inclusive, ábrese o prazo para solicitar praza no IES A Pontepedriña.

1.- A solicitude será única, no modelo anexo II, que pode recollerse na Secretaría do centro, descargarse na aplicación “admisionalumnado” ou cumprimentarse na mesma aplicación. Se quere descargalo PREMA AQUÍ

2.- Tamén pode ser tramitada a través da Sede Electrónica. (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=ED550B ).

3- A explicación do procedemento, así como acceder a aplicación “admisiónalumnado” atópase na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

4.- Documentación: · Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta. · Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a. · Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo I. . Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

5.- Tamén débese manifestar na solicitude se o/a alumno/a utilizará servizos complementarios (Transporte).

6.- Se o/a alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo tamén deberá indicarse e achegar a documentación que acredite as circunstancias alegadas.

7.- Lexislación que regula a admisión.

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (prema AQUÍ)
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (prema AQUÍ).
  • Instrucións da Dirección Xeral de centros e Recursos humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-2025. (prema AQUÍ)

8.- De existir empate na puntuación: Resolución do 27 de febreiro de 2024, da dirección xeral de centros e recursos humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022 (prema AQUÍ).

9.- Listado de vacantes para o curso 2024-25 (prema AQUÍ)

10.- Calendario do procedemento de ADMISIÓN (prema AQUÍ)

PROCESO DE RESERVA DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2024-25

Finalizado o proceso de reserva de alumnos/as procedentes de centros adscritos, o IES A Pontepedriña informa:

  1. Todas as solicitudes presentadas desde os centros adscritos para 1º de E.S.O. e 1º de Bacharelato, foron admitidas.
  2. As listaxes co alumnado admitido, en virtude da lei de protección de datos, non serán publicadas. As familias que desexen información poden acceder á información na aplicación“admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), ou chamando a Secretaría do centro.

ENTROIDO 2024

 

O ENDL do IES A Pontepedriña convoca “Concurso de disfraces e Concurso de doces” ENTROIDO 2024.

Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.

Podes ler as bases destes concursos nos seguintes enlaces:

Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com

II Concurso de epitafios "De morte morrida"

  • O ENDL do IES A Pontepedriña convoca II CONCURSO DE EPITAFIOS: “De morte morrida”

  • Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.

  • Podes ler as bases deste I Concurso no seguinte enlace.

  • O prazo para concursar remata o 27 de outubro de 2023

  • Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com

Concurso de Calacús

  • Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.

  • Podes ler as bases deste Concurso premendo aquí.

  • Trae a túa cabaza ao centro o 30 de outubro

  • Animádevos a participar.

PRESENTACIÓN DE CICLOS NA MODALIDADE A DISTANCIA

Dado que temos detectado problemas en algún alumnado para poder acceder a presentación telemática, enviamos de novo enlace.

Preme aquí para acceder a reunión.

LISTAS DOS GRUPOS DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2023-24

O IES A Pontepedriña, para axustarse a Lei de protección de datos, publica as listaxes de alumnado por grupos da seguinte maneira: tan só figura o NIF, NIE ou Pasaporte do alumno/a. O procedemento para a determinación aleatoria do catro cifras numéricas que se publican do código de identificación dun interesado foi realizado a través do proceso de selección aleatoria celebrado o 27 de febreiro de 2019 na Axencia de Protección de Datos. Como medida adicional, a orde dos códigos de identificación son aleatorios (a listaxe non está por orde alfabética do alumnado).

CALENDARIO DO MES DE SETEMBRO DO IES A PONTEPEDRIÑA. CURSO 2023-2024

As listaxes dos grupos publicaranse o luns, día 08 de setembro. As familias que teñan descargado Abalar móbil poderán ver o grupo a través dos seus terminais.

- O día 11 de setembro comeza o curso 2023-24 coa PRESENTACIÓN DO ALUMNADO. Para ver o horario de presentación prema aquí.

- O día 11 de setembro o transporte escolar non funcionará á primeira hora pero recollerá o alumnado ás 14:25 horas. Desde o día 12 de setembro o transporte escolar funcionará con normalidade.

- O reparto dos libros de préstamo do Fondo Solidario da Xunta, realizarase entre os días 11 e 15 de setembro.

- AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre 25 e 28 de setembro.

- REUNIÓNS INFORMATIVAS COAS FAMILIAS PARA INFORMAR DAS AVALIACIÓNS INICIAIS: Entre 02 e 05 de outubro.

Distribuir contido