Skip to Content

Taboleiro

Proxectos solidarios

Un curso máis o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes colabora na recollida de tapóns solidarios con Alcer Lugo.

Por outra banda este curso iniciamos colaboración coa ONG Misevi recollendo bolígrafos, lápices, rotuladores para reciclar...

                                          

Infórmate no centro e colabora. É por unha boa causa!     

Listaxes de grupos curso 21.22

Listaxes de alumnado por nivel educativo.

Cada persoa aparece identificada cun código composto polo primeiro apelido e os catro últimos díxitos do seu DNI.

En caso de que non apareza grupo asignado, deberán de poñerse en contacto co centro o día da presentación.

PRESENTACIÓNS

As presentacións dos grupos para o curso 2021/22 van seguir os horarios e normas seguintes:

 

  • O alumnado será chamado á entrada do instituto por orde de lista.
  • As listas serán publicadas o 14 de setembro citando ao alumnado polo primeiro apelido e catro últimos díxitos do DNI
  • Ao centro accederá só o alumnado citado
  • É obrigatorio o uso de máscaras
  • As clases empezarán o luns día 20

 

MÉRCORES 15

     
 

Mañá

   
 

1º ESO A

 

9:00

 

1º ESO B e

1º ESO C

10:30

 

1º ESO D e

1º ESO E

12:00

       
 

Tarde

   
 

1º BAC A e

1º BAC B

16:00

 

1º BAC C e

1º BAC D

17:00

 

1º BAC E e

1º BAC F

18:00

       

XOVES 16

     
 

Mañá

   
 

2º ESO A e

2º ESO B

9:00

 

2º ESO C e

2º ESO D

9:45

 

2º ESO E 

 

10:30

       
 

3º ESO A e

3º ESO B

11:15

 

3º ESO C e

3º ESO D

12:00

 

3º ESO E 

 

12:45

       
 

Tarde

   
 

2º BAC A e

2º BAC B

16:00

 

2º BAC C e

2º BAC D

17:00

 

2º BAC E e

2º BAC F

18:00

       

VENRES 17

     
 

Mañá

   
 

4º ESO A e

4º ESO B

9:00

 

4º ESO C e

4º ESO D

10:00

 

4º ESO E 

 

11:00

       

Préstamo Libros de Texto Curso 21/22

No curso 2021/22 non hai préstamo oficial de libros de texto. Porén, o centro conta cun fondo de libros que seguirá prestando ao alumnado de 1º, 2º ,3º e 4º de ESO. Unha das condicións para optar a algún libro é ter sido beneficiario tamén en 6º de Primaria destas axudas (1º ESO), ou ser beneficiario nos cursos anteriores.

Aqueles que solicitaron axuda para material escolar no mes de xuño, e finalmente se lle concedeu, non é preciso que acrediten ter sido beneficiario da axuda no curso pasado.

Lembramos como novidade neste curso escolar que a maioría dos libros serán online (Proxecto Edixgal), agás Inglés en 1º ESO e Alemán en 1º e 2º ESO.

Asemade en 2º ESO haberá libro de Inglés online, solicitado polo Departamento de Inglés, que non se atopa no proxecto Edixgal e que terá un custo de 6 euros aproximadamente.

En calquera dos dous casos, pregamos que pasen por oficinas do 8 ao 15 setembro, para solicitar este préstamo, coa folla anexa no ficheiro adxunto cuberta. É moi importante que comuniquen ao centro neses días o seu desexo de desfrutar de libros de préstamo.

Devolución Libros de Texto

A devolución dos libros de texto entregados en préstamo durante o curso 2020-2021 ( e non devoltos en xuño) efectuarase nas seguintes datas e horas:

Luns 6 de setembro de 9:00 a 11:00 h

Martes 7 de setembro de 9:00 a 11:00 h

Lugar, recibidor da entrada do centro.

A non devolución dos libros, leva consigo a perda do dererito de préstamo para o curso 2021-2022

Entrega de notas Setembro 2021

 

 ENTREGA DE NOTAS: VENRES 3

  

ESO: 18:00    BAC: 19:00

 

1º ESO AULA 1.02
2º ESO AULA 1.03
3º ESO AULA 2.02
4º ESO AULA 2.03
1º BAC AULA 1.02


REVISIÓN ANTE O PROFESOR

DÍA 6

ESO de 11:00 a 12:00

BAC de 12:00 a 13:00

  

RECLAMACIÓNS: DÍAS 6 e 7 ata as 14:00

(segundo modelo, en oficinas)

Calendario de exames de setembro 2021

 Calendario de exames de Setembro 2021 

Ante a posibilidade de algún axuste prégase visitar esta páxina na derradeira semana de agosto para confirmar datas e horario.

Premios Extraordinarios de Bacharelato

Os alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes Manuel Alonso Cousido de 2º B e Claudia Fernández Campo de 2º H (esta última á espera de saber o resultado do desempate) están no listado provisional de estudantes que obtiveron o premio extraordinario de Bacharelato, unha proba a que este ano se presentaron 765 estudantes e que premia aos 20 mellores de Galicia.

Parabéns a Manuel e Claudia polo bo traballo feito.

Acto de entrega de matrículas de honra ESO

No Salón de Actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes celebrouse o acto de entrega da distinción de matrícula de honra aos mellores expedientes na ESO:  Miguel, Paula, Gabriel e Ana.

Faltaba Sofía que non puido asistir.

Parabéns!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut