Skip to Content

Préstamo Libros de Texto Curso 21/22

No curso 2021/22 non hai préstamo oficial de libros de texto. Porén, o centro conta cun fondo de libros que seguirá prestando ao alumnado de 1º, 2º ,3º e 4º de ESO. Unha das condicións para optar a algún libro é ter sido beneficiario tamén en 6º de Primaria destas axudas (1º ESO), ou ser beneficiario nos cursos anteriores.

Aqueles que solicitaron axuda para material escolar no mes de xuño, e finalmente se lle concedeu, non é preciso que acrediten ter sido beneficiario da axuda no curso pasado.

Lembramos como novidade neste curso escolar que a maioría dos libros serán online (Proxecto Edixgal), agás Inglés en 1º ESO e Alemán en 1º e 2º ESO.

Asemade en 2º ESO haberá libro de Inglés online, solicitado polo Departamento de Inglés, que non se atopa no proxecto Edixgal e que terá un custo de 6 euros aproximadamente.

En calquera dos dous casos, pregamos que pasen por oficinas do 8 ao 15 setembro, para solicitar este préstamo, coa folla anexa no ficheiro adxunto cuberta. É moi importante que comuniquen ao centro neses días o seu desexo de desfrutar de libros de préstamo.

AdxuntoTamaño
Solicitude prestamo 1-2-3-4º ESO.pdf30.73 KB
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut