Skip to Content

Taboleiro

I Concurso Curtametraxes "Micromachismos"

Con motivo da celebración do día contra a violencia de xénero, dende o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes promóvese o I Concurso de Curtos sobre Micromachismos na vida cotiá.

Bases:

1.- Poden participar todos os alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. 

2.- A data límite para o envío dos cortos é o xoves 23.11.2017, ás 23:55 horas.

3.- Os traballos, que poderán ser de vídeo ou animación, deberán de ter formato dixital cun tamaño non superior 500Mb.

4.- A duración das curtametraxes non deberá superior a 4 minutos, coas cortinillas iniciais e finais incluidas.

5.- A inscripción e o envío de traballo farase a través da aula virtual do centro, na actividade MICROMACHISMOS, co código de matriculación CURTA1718. O acceso á aula virtual pódese atopar na web do centro: www.iesollosgrandes.org

6.- Os arquivos de video subiranse no apartado correspondente a actividade, incluindo nas notas os datos da autora/autor: nome e apelidos.

7.- No caso de que as curtametraxes teñan sonido falado, poderán ser en calqueira lingua. De non ser en galego, deberán incluir subtítulos nesta lingua.

8.- Admitirase un máximo dunha curtametraxe por participante. Os trabaxos deberán ser orixinais e poñer de manifesto un micromachismo habitual na vida cotiá, especialmente entre a xente nova. O concurso resérvase o dereito a non admitir aquelas curtametraxes que non cumplan cos requisitos ou non se axusten aos criterios establecidos.

9.- Enténdese que a persoa que figure na conta de subida do arquivo ou, no seu defecto, a que expresamente se indique na nota de entrega, é propietaria dos dereitos de autor, sendo a beneficiaria do premio que se lle puidera outorgar. A organización non asume ningunha responsabilidade derivada do incumprimento dos dereitos de autor na obra presentada.

10.- Todos os traballos admitidos poderanse visualizar no canal de Youtube creado ao efecto e que se enlazará na web do instituto. Enténdese que as persoas autoras das curtas dan a súa autorización para que sexan exhibidos neste medio e que contan coas autorizacións necesarias.

13.- Un xurado composto por profesores e alumnos elixirá a obra gañadora.

14.- O premio consistirá nunha tablet por valor aproximado de 200 € ou un vale de compra nalgún dos establecementos asociados de material relacionado coa actividade cultural e/ou artística.

Lugo, 17 de outubro de 2017

 

Premio extraordinario bacharelato curso 2016-2017

O noso ex-alumno, Carlos, ven de acadar, xunto con outros vinte estudiantes de Galicia o premio extraordinario de bacharelato curso 2016-2017.

Parabéns!

 

 Artigo en El Progreso sobre os premios extraordinarios.

 

Inicio curso 2017-2018

1ª adxudicación de admitidos no CS de Animación de Actividades Físicas e Deportivas

Vense de publicar na web da Consellería a relación de admitidos en primeira adxudicación no Ciclo Superios de Animación de Actividades Físicas e Deportivas no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Adxuntamos ficheiro cas prazas adxudicadas.

A matrícula deberá efectuarse ata o 24 de xullo, ás 13:00 hh.

Relación provisional admitidos e excluidos axudas libros

Adxúntase relación provisional de admitidos e excluidos das axudas de libros de texto para o curso 2017-2018, ao abeiro da Orde 16 de maio de 2017.

Prazo de reclamación, dous días dende a publicación. Data límite 18/07/2017, ata ás 14:00 horas.

As listas definitivas publicaranse o 16 de setembro, ca indicación dos libros asignados.

Calendario de exames de setembro 2017

Adxúntase calendario de exames de setembro.

 

Matrículas de Honra E.S.O. - Curso 2016-2017

27/06/2017
Europe/Madrid

Faise entrega da distinción de matrícula de honra aos mellores expedientes na ESO a Miguel, Ana Marina, Carmen e Paula.

 

¡¡PARABÉNS!!

 

Mais imaxes na Galería do centro.

Probas de acceso ás Ensinanzas Deportivas para o curso 2017-18

O 14 de xuño de 2017, saíu publicada no DOG a Resolución do 5 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás Ensinanzas Deportivas para o curso 2017-18.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria e o día 7 de xullo.

Ademais da copia da resolución, en arquivos adxuntos xúntase tamén, en pdf, os modelos de admisión e de matrícula, que a diferenza doutros anos, non sairán publicados xunto coa resolución no DOG.

Matrículas de honra 2º bacharelato curso 2016-2017

Parabéns ás matrículas de honra de 2º de bacharelato do curso 2016-2017.

De esquerda a dereita: Carlos, Paula, Borja, Alejandro, Elba, Fátima, Raquel e Antón.

 

Día de libre disposición: 28/04/2017

28/04/2017
Europe/Madrid

Lémbrase que a comunidade escolar dos IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, representada no Consello Escolar do centro, escolleu o día 28/04/2017, venres, como día non lectivo para o curso 2016/2017.

Distribuir contido


by Dr. Radut