Skip to Content

Presentación dos proxectos STEMbach

Un ano mais o STEMBAC, da man de Pilar Fenández Illán,  sube o nivel e desprega un abano de proxectos para deixarnos coa boca aberta. Este curso tivemos un numero considerable de proxectos. Todo eles dunha calidade impresionante e mais preto xa da universidade que do Instituto.

O mércores comenzamos cun proxecto sobre economía defendido polos alumnos Oscar Rodríguez e Antón Seijo: “Predicción de precios en el mercado del petróleo”. 

Despois o alumno Jorge Huéscar, nun perfecto inglés, levounos da man das matemáticas pare desvelar o segredo escondido nun  vídeo xogo: “Revealing the secrets of a computer game.”

Cambiamos de tema coas alumnas Ana Gallego e Candela López que co seu traballo: “Aspectos nutricionais na multiplicación e enraizamento do cultivo de castiñeiro in vitro” amosáronos en consiste o cultivo in vitro e os nutrientes polos que compiten as plantas.

A seguinte exposición titulábase “Determinación da variabilidade celular en células do ril humano” foi un traballo defendido polos alumnos Carlota Valado y Gabriel Fernández que nos ensinaron todos os factores que fan que as toxinas estean cada vez mais preto do noso entorno.

O mércores rematou coa exposición do traballo de Laura Vázquez e Pablo Serrano: “ Utilización de bioadsorventes para o control de contaminantes emerxentes” Eles asombráronos cos datos que aportaron sobre antibióticos e como os nosos solos son capaces de absorbelos.

So podemos estar moi agradecidos por amosarnos  o seu traballo e que o compartiran con nos. Tamén nos sentimos  moi orgullosos destes alumnos que demostran como o esforzo e o traballo seguen de moda, e son un exemplo para todos nós.

 Xa están preparados para a seguinte etapa, así que veña!,  ánimo que o éxito tédelo asegurado.

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut