O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes pide a colaboración de toda a comunidade para manter o centro como lugar seguro.
Estimados membros da comunidade educativa do IES Ollos Grandes,
ante o incremento no número de positivos COVID e a fin de manter o centro como un lugar seguro no que á prevención dos contaxios se refire, pedímosvos encarecidamente que extremedes as precaucións e manteñades as medidas de seguridade establecidas (máscara axeitada e correctamente colocada, distancia de seguridade, ventilación, ...).
Así mesmo, é especialmente importante que ningunha persoa con sintomatoloxía compatible coa enfermidade se achegue ó centro, debendo de informarse coas autoridades sanitarias (médico de cabeceira ou teléfono COVID 881 54 00 45) sobre o procedemento a seguir .
A vosa colaboración é moi importante,
Atentamente,
Dirección