Skip to Content

Saída StemBac

Comenzamos a andaina do STEM Ollos Grandes postpandemia. Por fín podemos recobrar a nosa actividade habitual. Como sempre o primeiro paso consiste nunha saída ao medio natural para aprender a facer mostraxes e disfrutar do contacto directo cos nosos ríos e bosques.

    

Alumnado de 1º de BAC  saíu a realizar unha actividade de recollida de mostras de auga no Rio Neira, antes e despois da depuradora.   

Esta actividade forma parte do StemBac e pretende estudar a calidade das augas dos nosos ríos. Está enmarcada dentro do proxecto de investigación: "Eficiencia das depuradoras urbanas no Rio Neira".  Temos un alumnado moi concienciado cos retos da sociedade actual e comprometidos coa procura de solucións através da ciencia, a tecnoloxía e a humanidade.

Noraboa a estos xóvenes investigadores.

 

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut