Visita de Irene Pin, xornalista, escritora e creadora audiovisual
O pasado xoves 6 de maio a xornalista, escritora e creadora audiovisual Irene Pin, natural de Lugo, achegouse ó IES Nosa Señora dos Ollos Grandes para compartir co alumnado de 2º ESO C as súas experiencias no seu traballo como xornalista e como creadora no mundo audiovisual e na escritura.
A continuación, o alumnado do grupo de 2º ESO proxectou o seu vídeo “Unha adiviña moi matemática” e compartiron con Irene as súas experiencias no seu traballo no proxecto “Vídeo matemáticas” que están a facer na asignatura de matemáticas.