Skip to Content

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes pide a colaboración de toda a comunidade para manter o centro como lugar seguro.

Estimados membros da comunidade educativa do IES Ollos Grandes,

ante o incremento no número de positivos COVID e a fin de manter o centro como un lugar seguro no que á prevención dos contaxios se refire, pedímosvos encarecidamente que extremedes as precaucións e manteñades as medidas de seguridade establecidas (máscara axeitada e correctamente colocada, distancia de seguridade, ventilación, ...).

Así mesmo, é especialmente importante que ningunha persoa con sintomatoloxía compatible coa enfermidade se achegue ó centro, debendo de informarse coas autoridades sanitarias (médico de cabeceira ou teléfono COVID  881 54 00 45) sobre o procedemento a seguir .

A vosa colaboración é moi importante,

Atentamente, 

Dirección

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut