Skip to Content

Mobilidades curtas Erasmus+ para primeiro de BAC - curso 2024-25

Prazas ofertadas:

 

Ofértanse prazas con financiación a cargo do programa Erasmus+, pendentes da confirmación por parte do Servicio Español Para la Internacionalización de la Educación, para mobilidades de aproximadamente unha semana de duración. O número definitivo de mobilidades e de prazas dependerá do orazamento concedido, tanto a nós como aos nosos centros asociados. A día de hoxe, a previsión é de facer estadías en Noruega (dúas), Islandia, Lituania, Francia e de recibir aos nosos socios en Lugo.

 

Temporalización:

 

As mobilidades terán lugar ao longo do curso 2024-25.

 

Alumnado seleccionable:

 

O alumnado que presente a súa candidatura durante o mes de maio ten que estar cursando cuarto de ESO no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes no curso 2023-24. Para a maioría de actividades farase unha reserva de prazas para o alumnado de nova incorporación ao centro. Esta segunda fase do proceso de selección terá lugar en setembro de 2024

 

 

Comité de selección:

 

Para seleccionar ao alumnado participante nestas mobilidades haberá un comité de selección formado polo profesorado que organiza cada mobilidade xunto  co coordinador de proxectos internacionais, Roberto Núñez Pena. No caso de que algún candidato/a sexa familiar dalgún membro do comité de selección, este último non participará na selección. 

 

Criterios de selección:

 

Haberá unha serie de criterios de selección comúns baseados no comportamento, madurez,  adaptabilidade, rendimento académico e tamén de inclusividade; ademáis disto, para cada mobilidade poderán establecerse criterios específicos, como estar matriculado en materias ou modalidades de bacharelato concretas. As persoas que coordinan cada grupo de mobilidades informarán ao alumnado interesado destes criterios.

 

Presentación de candidaturas:

 

Descargar o documento adxunto e entregalo cuberto e asinado na oficina administrativa. Tamén se pode achegar en formato .pdf por correo no enderezo iesollosgrandes.erasmus@gmail.com. As datas límite serán o 31 de maio de 2024 para a primeira fase e o 20 de setembro para a segunda. O alumnado interesado debe tamén cubrir o seguinte formulario.

 

Unha vez baremadas as candidaturas en cada fase e publicadas as resolucións provisionais na páxina web do centro, haberá un prazo de reclamacións de tres días lectivos. Transcurrido este período e analizadas as alegacións presentadas, publicarase a resolución definitiva do baremo de novo na web do centro. A adxudicación definitiva de prazas terá lugar cando remate este proceso, a finais de setembro de 2024.

 

AdxuntoTamaño
KA121 24-25 Mobilidades curtas - Información ás familias.pdf236.86 KB
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut