O IES Nosa Sra dos Ollos Grandes en Reikiavik
Día 5: Derradeiro día de actividades para o noso equipo Erasmus+ en Islandia. Hoxe visitaron unha das cataratas máis espectaculares do país, e a Geysir, onde presenciaron varias erupcións do géiser Strokkur.
Para finalizar o día e a estadía, nada máis islandés que dar un paseo a cabalo
Día 4: Recibidos polo presidente de Islandia, fixémoslle entrega dun agasallo moi especial de parte do noso centro: un cuadro da muralla de Lugo pintado pola nosa alumna Sara Gómez Pardo. Este cadro lucirá en Bessastaðir, a residencia oficial dos xefes de estado de Islandia
Día 3: O noso equipo Erasmus+ en Reykjavík presentou un itinerario para viaxar por España, destacando puntos de interés xeográfico, cultural, culinario e de tempo libre.
Islandia recibiu á delegación Erasmus+ do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes, cunha aurora boreal onte pola noite.
Xa hoxe, fixeron unha primeira xornada de traballo aprendendo sobre o sistema educativo, a xeografía, a lingua e a historia deste fermoso país.