Skip to Content

Mobilidade en L'isle Jourdain do proxecto "Buen camino"

Cuartdo día de mobilidade en Francia: o noso equipo Erasmus+ comezou visitando a vila romana de Seniac, para a continuación acercarse a Condom e fotografiarse cos famosos Mosqueteros.

Máis tarde fixeron un tramo do camiño desde Le Puy, chegando ao castelo de Larresingle.

A nos delegación Erasmus+ en L’Isle-Jourdain tivo un día completo. Empezaron cun paseo en teleférico, disfrutando das vistas sobre o río Garona.

Despois, unha visita a La Halle de las machines, onde participaron en obradoiros interactivos. A continuación, visita a Toulouse e, para finalizar, partido de rugby entre o alumnado participante.

Un grupo de alumnos de 1° de BAC acompañados por profesores do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes están a convivir esta semana en L"isle de Jourdain, Toulouse, Francia.

 Alí están a traballar sobre todo o que implica o Camiño de Santiago con especial fincapé no emprendemento.

Ademáis aproveitaron para facer un tour pola cidade.

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut