Recibimos as delegacións de Islandia e Noruega
Venres 13 de outubro.
Cuarto día de actividades cos nosos socios de Noruega e Islandia. Hoxe visitamos A Coruña, empezando pola Torre de Hércules e continuando no Acuario.
Mércores 11 de outubro.
Primeira saída co alumnado de Noruega e Islandia que nos visita esta semana.
,
Fixemos a pé os derradeiros kilómetros do Camiño de Santiago, buscamos dez lugares emblemáticos compostelanos nunha caza do tesouro
Visitamos as cubertas da catedral e, por riba diso, pasámolo moi ben e aproveitamos para coñecernos un pouco.
Luns 9 de outubro:
No IES Nosa Señora dos Ollos Grandes comezamos as mobilidades de curta duracón en Lugo recibindo a unha delegación de Islandia pertencente ao noso proxecto sobre patrimonio cultural.
Esta mañá comezamos as actividades no noso centro e pola cidade de Lugo. Pola tarde terán tempo libre para visitar o feiral e xa pola noite noite recibiremos á delegación de Noruega