Skip to Content

1º trimestre

Actividades nos periodos de lecer

 

Acto de presentación do libro Libres e vivas

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu ao acto de presentación do libro Libres e vivas, un libro que aborda cuestións do machismo, a violencia contra as mulleres, a liberdade e a igualdade.

Dito acto celebrouse   o 27 de outubro, ás 11:00 hora no Auditorio Gustavo Freire e contou ca presenza da Alcaldesa de Lugo Lara Méndez o Director da Editorial Galaxia Francisco Conde e catro das autoras participantes no volume (Mª López Sande, Mª Xosé Porteiro)

   

Charla de #CoidemosLugo

Coidemos Lugo  con Naidú, Teresa, Julio, Mercedes, Fina, Fran, Ana, Salva e Guido veu ao IES Nosa Señora dos Ollos Grandes a  dar unha charla a 1º ESO.

      

 Concienciando sobre a necesidade de coidar e manter limpo  o noso entorno.

 

 

Agrupación de música tradicional

Botou a andar a Agrupación de música tradicional do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Se tocas a pandeireta, clarinete, gaita, a percusión tradicional ou claquer outro instrumento que poida adaptarse anímate a participar. Ensaiamos os xoves no recreo. Para mais información contacta cos profesores Miguel ou Xosé.

Anímate.

Charla proxectos solidarios

Alumnos/as de Relixiòn participaron nunha charla con Ana Lòpez Castaño, misioneira que estivo en Bolivia e Honduras.

      

 Presentou a campaña de Reciclaxe de material escolar 2x1 Reciclar + ser solidario, que se está levando a cabo no Centro, así como os diferentes proxectos nos que está a traballar Misevi que é a ONG a que pertenece: Microcréditos xuvenís, Programa de  Atención integral a nenos/as e adolescentes con capacidades especiais, Inclusiòn escolar, Proxecto Granxa avícola, Talleres de costura e artesanía, CAM  (Centro de atenciòn a mulleres  que sufriron algún tipo de violencia), PTV (Programa Terapéutico de Varones), no que ofrecen atención terapéutica a homes con conductas agresivas e algúns proxectos máis.

Reflexionouse sobre a realidade neses países enmarcandoo todo nos Obxectivos de Desarrollo Sostible

Saída StemBac

Comenzamos a andaina do STEM Ollos Grandes postpandemia. Por fín podemos recobrar a nosa actividade habitual. Como sempre o primeiro paso consiste nunha saída ao medio natural para aprender a facer mostraxes e disfrutar do contacto directo cos nosos ríos e bosques.

    

Alumnado de 1º de BAC  saíu a realizar unha actividade de recollida de mostras de auga no Rio Neira, antes e despois da depuradora.   

Esta actividade forma parte do StemBac e pretende estudar a calidade das augas dos nosos ríos. Está enmarcada dentro do proxecto de investigación: "Eficiencia das depuradoras urbanas no Rio Neira".  Temos un alumnado moi concienciado cos retos da sociedade actual e comprometidos coa procura de solucións através da ciencia, a tecnoloxía e a humanidade.

Noraboa a estos xóvenes investigadores.

 

Saída G-Night

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes  participou, nas dependencias do Vello Cárcere, no programa de actividades deseñado polo grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia co gallo da Noite europea das persoas investigadoras G-Night.

   

Os alumnos  foron  protagonistas dalgún dos 15 obradoiros e sesións demostrativas que se desenvolveron.

Saída a ADE e visita a empresa AmsLabs

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes  participou o venres día 24 de setembro  na visita a ADE a e a empresa AmsLabs no Ceao dentro do programa Phereclos-Stem.

 

XuvenCiencia e a facultade de ADE luguesas sumáronse á Universidade de Porto nunha actividade na que o alumnado participou nun obradoiro de emprendemento tecnolóxico, conversaron co CEO da start-up e visitaron as instalacións da empresa tecnolóxica AMSLab.

Completouse así o intercambio de estudantes do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes  iniciado a principios de setembro coa visita do noso alumnado a Universidade de Porto. 

Entrega de mil tabletas de turrón ao Banco de Alimentos de Lugo.

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes entrega ao Banco de Alimentos de Lugo máis de mil tabletas de turrón de chocolate e alimentos non perecedoiros recollidos na campaña Operación tableta turrón de chocolate.

Agradecemos a toda a Comunidade Educativa do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes a marea de solidaridade cos mais desfavorecidos.

Aproveitamos tamén para desexarvos a todos un Bo Nadal

Visitamos a exposición itinerante: Outros mundos. Viaxe polo sistema solar da man de Michael Benson.

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición itinerante: Outros mundos. Viaxe polo sistema solar da man de Michael Benson os días 21 e 22 de decembro e o día 12 de xaneiro.

    

A Fundación “la Caixa” e o Concello de Lugo trouxeron esta exposición que conta con corenta impactantes imaxes dos planetas do noso sistema solar, captadas polas sondas da NASA e da ESA, e seleccionadas e tratadas polo fotógrafo estadounidense Michael Benson.

    

Trátase dun legado visual no que non se debe valorar soamente a súa importancia científica, senón tamén por ser un capítulo singular na historia da fotografía.

     

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut