Skip to Content

Taboleiro

Devolución equipos E-Dixgal alumnado de 4º ESO

Rematada a etapa secundaria obrigatoria, o alumnado de 4º da ESO deberá proceder á devolución do equipo E-Dixgal recibido en préstamo xunto con todos os seus componentes (lapis, cargador e maletín).

O ordenador debe ser devolto ca batería cargada ó 100%.

A devolución efectuarase na aula de referencia o día de entrega das notas, martes 28/06, ás 09:00 horas, unha vez entregados os boletíns.

Caso de non poder achegarse ó centro en dita data deberá de poñerse en contacto co Coordinador E-Dixgal, para concertar outra data.

Exames convocatoria extraordinaria 2º bacharelato

Publícanse as datas e horas das probas extraordinarias de 1º e 2º de bacharelato.

Revisión e reclamacións curso 2021-2022

Segundo o establecido no calendario de curso, a Circular 1/2022  da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022, o procedemento de revisión e reclamación da avaliación ordinaria na ESO e oridnaria e extraordinaria de 1º Bacharelato e 2º Bacharelato, será o seguinte:

Revisión e reclamacións 2º Bacharelato

Avaliación ordinaria 

Procedemento de revisión (*)

Avaliación final 2º BAC

18.05.2022 de 16:30 a 20:30 h.

Entrega de notas

18.05.2022 ás 20:45 h. 

Revisión cualificacións ante o profesorado

19.05.2022 de 10h00 ás 13h00

Reclamacións ante o centro

19 e 20 de maio (ata as 14:00h)

Resolución departamento

23 de maio ata as 14:00 h.

Xunta extraordinaria de avaliación (se é preciso)

23 de maio ata as 16:30 h.

Notificación da resolución

23 de maio ás 20:00 no despacho de Dirección

Reclamación ante a Xefatura Teritorial

24 e 25 de maio 2022 ata as 13:00

Comunicación á persoa inspectora

25 de maio de 2022

Remisión expediente á Xefatura Teritorial a través de Sede electrónica

26 de maio antes das 14:00 

(*) Segundo Circular 1/2022

 

Avaliación extraordinaria 

Procedemento de revisión (*)

Avaliación extraordinaria 2º BAC

23. 06.2022 de 9:00 a 10:30 h.

Entrega de notas

23 .06.2022 ás 12:00 h. 

Revisión cualificacións ante o profesorado

(previamente concertada co profesor)

27.06.2022 de 10h00 ás 13h00

Reclamacións ante o centro

27 e 28 de xuño (ata as 14:00h)

Resolución departamento

28 de xuño ata as 19:00 h.

Xunta extraordinaria de avaliación (se é preciso)

28 de xuño ata as 20:00 h.

Notificación da resolución

29 de xuño ás 10:00 no despacho de Dirección

Reclamación ante a Xefatura Teritorial

30 de xuño e 01 de xullo ata as 13:00

Comunicación á persoa inspectora

01 de xullo 

Remisión expediente á Xefatura Teritorial a través de Sede electrónica

04 de xullo (antes das 14:00) 

Revisión e reclamacións 1ºBacharelato

Avaliación Ordinaria

Avaliación extraordinaria

Procedemento de revisión*

9 de xuño 2022

(16:30-20:30)

27 de xuño 2022

(18:30h)

Entrega de notas (9/06 ás 21:00)

(27/06 ás 19h45)

10 de xuño 

(De 09:00 a 12:00 h)

28 de xuño (De 10:00 a 13:00 h)

Revisión ante o profesor

13 de xuño 

(Ata as 14:00 h.)

28 e 29  xuño 

(Ata as 14:00 h.)

Reclamacións ante o centro

14 de xuño 

30 de xuño

Resolución do departamento 

15 de xuño 

30 de xuño

Xunta extraordinaria de avaliación 

(se é preciso)

16 de xuño  

04 de xullo

Comunicación á familia da resolución do departamento e/ou xunta de avaliación

17 e 20 de xuño  

(Ata as 14:00 h.)

05 e 06 de xullo  2022

Reclamación ante a Xefatura Territorial

21 de xullo  2022

(Ata as 14:00 h.)

07 de xullo 2022

(antes das 14:00)

Elaboración e envío do expediente á Xefatura Territorial

 


Revisión e reclamacións  ESO

 

Avaliación final

Procedemento de revisión

23 e 27 de xuño 2022

(Ata as 17h 30)

Entrega de notas : Dispoñibles en Abalar a partir das 18h00

 (Entrega boletíns 28 ás 9h00)

28 de xuño 

(De 10:00 a 13:00 h)

Revisión ante o profesor

(concertada co profesor)

28 e 29 de xuño

(Ata as 14:00 h.)

Reclamacións ante o centro

30 de xuño 

Resolución do departamento 

01 de xullo  2022

Xunta extraordinaria de avaliación

(se é preciso)

04 de xullo 

(Ás 10:30 hh.)

Comunicación á familia 

05 e 06 de xullo 

(Ata as 14:00 hh.)

Reclamación ante a Xefatura Territorial

07 de xullo 

Elaboración e envío do expediente á Xefatura Territorial

Convocatoria becas alumnado necesidades específicas de atención educativa

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Mais información na páxina do Ministerio de Educación.

Prazo de presentación ata o 30/09/2022.

Actualización dos criterios de promoción e titulacion de ESO e Bacharelato

Faise pública a actualización dos criterios de promoción e titulación aprobada polo Claustro e sesión extraordinaria de 28 de abril de 2022, tralas modificacións introducidas pola LO 3/2020 de modificación da LO 2/2006 de Educación e Orde de 25 de xaneiro de 2022 de actualización da normativa de avaliación.

Convocatoria Premios Extraordinario Bacharelato 2022

Infórmase da publicación da convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato para todas aquelas persoas que rematen o bacharelato no ano 2022 e acaden unha media da etapa igual ou superior ó 8,75.

Proxecto Phereclos

Presentamos nos seguintes enlaces material audiovisual sobre a presentación dos proxectos de emprendemento tecnolóxico ideados polos alumnos dos institutos participantes no Proxecto Phereclos.

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participa activamente neste Proxecto Phereclos. Un Porxecto da UE que se basa na experiencia da Universidade para xóvenes coa idea de romper os límites entre as universidades e a sociedade.

https://www.youtube.com/watch?v=vTVZ45QIdZk&t=1s

https://www.youtube.com/watch?v=gmquq2G01rg

https://xuvenciencia.org/portal/ideas-mozas-para-un-mundo-mellor/

Convocatoria das becas MEC para o vindeiro curso 2024/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias

Convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias.

Mais información en:  https://amtegabox.xunta.gal/index.php/s/XNcQCJYrx27Be2T

Prazo: Do 19 de Marzo ao 10 de Maio de 2024

 

Autodeclaración positivos COVID

Lémbrase que no caso de que se detecte un positivo COVID a través de test particulares de autodiagnose, ademais de comunicar ó centro dita situación, é importante que o comuniquedes ó SERGAS para poder facer o seguemento do caso.

Esta declaración pode facerse por dous medios:

Motas grazas pola vosa colaboración!!

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes pide a colaboración de toda a comunidade para manter o centro como lugar seguro.

Estimados membros da comunidade educativa do IES Ollos Grandes,

ante o incremento no número de positivos COVID e a fin de manter o centro como un lugar seguro no que á prevención dos contaxios se refire, pedímosvos encarecidamente que extremedes as precaucións e manteñades as medidas de seguridade establecidas (máscara axeitada e correctamente colocada, distancia de seguridade, ventilación, ...).

Así mesmo, é especialmente importante que ningunha persoa con sintomatoloxía compatible coa enfermidade se achegue ó centro, debendo de informarse coas autoridades sanitarias (médico de cabeceira ou teléfono COVID  881 54 00 45) sobre o procedemento a seguir .

A vosa colaboración é moi importante,

Atentamente, 

Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut