Saída a Lourizán e Bueu (1º ESO)

 

O pasado venres 14 de abril o alumnado de 1º ESO puido participar nunha visita guiada ao xardín botánico de Lourizán, onde coñeceron a historia do Pazo e a historia de Euxenio Montero Ríos e puideron visitar os talleres e as instalacións da Escola de Capataces Forestais.


Posteriormente, disfrutaron da paisaxe da ría de Pontevedra de camiño a a Bueu onde, nunha pequena parada, puideron pasear pola Praza Massó, a praia e a contorna do Estaleiro de Purro, antes de dirixirse a Meiro, para coñecer a ruta dos Muíños, con motivo da XXIII Festa do Millo Corvo e presenciar unha muiñada.

 

A experiencia, que se enmarca no programa “O Monte Vivo” (Plan Proxecta + da Xunta de Galicia), foi satisfactoria, como reflicten as palabras da alumna Sara Álvarez:

Na nosa excursión ao Pazo de Lourizán visitamos lugares da finca-xardín como a cova dos espellos ou unha fonte, e coñecemos a orixe dunha mesa na que comía o dono cos seus convidados. Logo, en Bueu, asistimos á preparación da Festa do Millo Corvo, onde nos explicaron como utilizar follas de millo para crear cestas, e nos ensinaron a facer fariña (muiñada). Isto último foi o que máis me gustou, xa que me pareceu moi interesante.
 
 
O Faro de Vigo fíxose eco da Festa e da participación do alumnado: a noticia pode lerse aquí.

O Monte Vivo

Canto sabes dos incendios forestais? Ponte a proba!

https://forms.gle/ZWLpqwSH4GQM5uNU6

LUGAR E SEDE ONDE SE VAN A REALIZAR AS PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DO ALUMNADO DO IES MONTE DA VILA.

Nas seguintes ligazóns atoparedes o lugar e sede onde se van realizar as probas de acceso a grao medio e grao superior do alumnado do IES Monte da Vila.

 

Grao superior

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10038

 

Grao medio

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10075

 

Recoméndase ler as instrucións que figuran nesta ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10074

Charla: "Entre lumes e apelidos anda o conto" (1º BAC.)

 

O pasado mércores 19 de abril, o alumnado de1º de Bacharelato con materias de matemáticas asistiu á charla Entre lumes e apelidos anda o conto”, impartida por Mª José Ginzo,investigadora da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago. Nela falouse da aplicación das matemáticas na loita contra os lumes forestais e no estudo estatístico da distribución de apelidos por zonas xeográficas.

Charla da ANPA: "Tecnoloxías, educación sexual e igualdade"

 

O próximo martes 25 de abril terá lugar un encontro con Óscar Páramos, psicólogo especializado en adolescencia, sobre as novas tecnoloxías e a igualdade de xénero.

 

Estades todas/os convidados!

Alumnos do Centro Monte da Vila comezan unha nova experiencia de estudos en Italia durante dous meses

Grazas ó programa Erasmus+ os nosos alumnos de ciclo básico de Informática comezaronodomingo 9 de abril unha experiencia académica persoal e profesional no estranxeiro. Dende Italia (Pescara) nos irán contando a sua experiencia. Van a ser os nosos embaixadores do Centro Monte da Vila en Italia durante dous meses. Vos desexamos o mellor nesta gran aventura!

 

Convocatoria Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023 (AXUDASLE)

No seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ pódense consultar as primeiras listaxes publicadas en relación á Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

 

Artigo 16. Procedemento de adxudicación de prazo

 

1. Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, a Comisión de Selección fará públicas tres listaxes: unha, na que se incluirán as solicitudes admitidas; unha segunda, de solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto; e unha terceira, de solicitudes excluídas, facendo constar as causas de exclusión. Estas listaxes exporanse na web da convocatoria (https://www.edu.xunta.gal/axudasle/), na Oficina de Rexistro Único e Información da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e remitirase para a súa publicación ás xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e aos centros de ensino obxecto do ámbito desta convocatoria.

 

Servizo de Innovación e Programas Educativos

Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Edificio Administrativo San Caetano s/n Bq. II - 2º Andar

15781 Santiago de Compostela

Charla: "As matemáticas do século XXI" (USC)

 

O pasado luns 13 de febreiro, o alumnado de 1º de Bacharelato con materias de matemáticas asistiu á charla “As matemáticas do século XXI”, impartida por Enrique Macías, catedrático da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago. Nela falou dalgunhas das aplicacións máis recentes das matemáticas en diversos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía.

Charla: "A rede galáctica. Unha historia de internet" (USC)

 

O pasado luns 13 de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato con materias de matemáticas asistiu á charla “A rede galáctica: unha historia de internet”, impartida por Enrique Macías, catedrático da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago. Nela falou da orixe e desenvolvemento de internet.

Charla: Matemáticas de moitas revolucións (UVigo)

O pasado xoves 16 de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato con materias de matemáticas asistiu á charla “Matemáticas de moitas revolucións”, impartida por Carlos Mosquera, catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Nela falouse dalgunhas das máis actuais aplicacións das matemáticas.

Distribuir contido