O Grove

 Bouzas, 22  -  Apdo. Correos 88 - 36980 O GROVE (Pontevedra)

 Tf: 886151412  -  Fax: 886151417  -  email: ies.monte.vila@edu.xunta.es

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Curso 2024/2025


Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo:  ED330B


 

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

 

♦ Documentación complementaria:

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

XVIII convocatoria de Esculturas de Area na praia da Lanzada.

Un ano máis 600 alumnos e alumnas de 9 centros de toda Galicia partiparon no noso areal da Lanzada na edición XVIII das Esculturas de Area, organizado polo departamento de Debuxo do noso centro. O templo meteorolóxico foi estupendo e puideron disfrutar da xornada na que fixeron máis de 100 gárgolas de area. A ANPA do IES Monte da Vila agasallou a todos os participantes con auga e froita e o concello puxo a punto os baños e o espazo da praia onde se celebra. Coma sempre tivemos en conta a anidación da píllara das dunas e deixamos limpo a areal tal e como o atopamos.

 

 

 

Exposición fotográfica "Libre como os paxaros" de Nicolás Otero

O noso alumno Nicolás Otero Sanmartín expón no corredor do centro a súa exposición fotográfica sobre paxaros: Libre como os paxaros.

 

Taller de batucada

O 9 de maio tivemos a sorte de ter connosco a Edgar, mestre cubano de percusión que nos ofreceu unha masterclass aos estudantes de 2ºESO e 3ºESO co fin de montar unha batucada.

Edgar pertence ao grupo de músicos de Ecopercusión, proxecto enfocado a formación e execución de grupos de percusión nas escolas tanto de primaria como secundaria.

 

     

Claudio, o conserxe do IES Monte da Vila, xúbilase.

O noso querido e carismático conserxe, Claudio Roldán, xubílase. Leticia Castro faille unha reportaxe na Voz de Galicia pola súa importancia nesta comunidade educativa ao longo de moitas xeracións.

Os seus compañeiros/as e antigos/as compañeiros/as de traballo celebraron cunha comida a súa xubilación: 

 

 

Alumnos do IES Monte da Vila logran o segundo posto nas Olimpiadas de Teleco.

Os nosos alumnos Marcos Lugaresi e Ismael Pérez, da man do seu profesor Pablo Gallego, lograron o segundo posto nas Olimpiadas de Teleco e publicáronlle un artigo en La Voz de Galicia, escrito por Leticia Castro: "Los alumnos de FP del IES Monte da Vila (O Grove) que cursan en el centro el Ciclo Medio de Sistemas Microelectrónicos e Redes han vuelto a demostrar sus capacidades en un nuevo reto fuera de las aulas. Esta vez la cita era en Vigo, en el campus universitario, donde se celebraban las II Olimpiadas Nacionales de Teleco"

 

De esquerda a dereita: Marcos Lugaresi e Ismael Pérez. 

"Diseñaron un sistema de monitorización de la temperatura de las neveras en las que se guardan vacunas"

Distribuir contido