Skip to Content

NOVAS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

  Coma en anos anteriores o noso departamento

solicita a súa participación no PLAN PROXECTA.

Este programa, da Consellería de Educación, traballa no ámbito da   innovación educativa e ten moitas vertentes, no noso caso, tratamos de orientar ao alumnado en proxectos de vida activa e saudable.

 

Así, entre outras accións, utilizamos a plataforma DAFIS para obter datos da condición física (relacionada coa saúde) do alumnado e con eles ofrecer asesoramento para o mantenemento ou mellora desa condición física. Buscamos, tamén que o alumnado coñeza o tecido deportivo da nosa contorna, ben sexa con charlas ou con actividades propostas por clubes, persoas, empresas ou diversas organizacións.

 

En definitiva: tentamos que a actividade físico-deportiva sexa un pilar básico na vida do alumnado

Para máis información pincha no seguinte LINK que te levará á páxina web do departamento de EF do IES María Sarmiento

 

OUTRAS NOVAS DO DEPARTAMENTO

Por segundo ano consecutivo tivemos a gran sorte de contar co noso ex-alumno Álex González, que na actualidade é campión galego de ciclismo adaptado e participou no campionato de España desta modalidade. A actividade estaba dirixida ao alumnado de primeiro de bacharelato

Así, o luns, 3 de outubro, Álex González, acompañado de Tania Monteagudo, a súa adestradora, (graduada en ciencias da actividade física e deporte e tamén ex-alumna do noso centro) contáronnos o que é adestrar nesta modalidade dende o punto de vista de cada un deles.

Álex explicou como o deporte sempre foi un referente na súa vida, tanto antes coma despois do accidente, e Tania falou da importancia de que todas as persoas, independentemente das súas características, teñan acceso á práctica deportiva. Para isto, contan co apoio do proxecto ENKI que busca un mundo mellor a través do deporte.

O martes, 4 de outubro, o alumnado xunto con Álex disfrutaron dun pequeno percorrido en bicicleta polo paseo de Covas. Vimos como é unha bicicleta adaptada e como é importante respetar os espazos de aparcamento destinados a persoas con movilidade diversa. Non é doado, baixar do coche, montar na cadeira, baixar a bicicleta e montar nela volvendo a cadeira ao coche, sen o espazo suficiente para facelo… Tamén vimos como é unha “handbike” e a velocidade que colle…

Visita instalacións Pull&Bear

O pasado venres 23 de setembro o alumnado de ciclo medio de xestión administrativa e ciclo superior de administración e finanzas visitou a sede corportativa de Pull&Bear no polígono do Río do Pozo en Narón. Durante dúas horas percorremos o centro loxístico e o edificio central: tenda piloto, departamentos, estudo de fotografía, zonas verdes, etc.

FOTO 1

FOTO 2

FOTO 3

Correlingua

05/10/2022 11:30
05/10/2022 14:00
Europe/Madrid
O vindeiro mércores 5 de outubro o alumnado de 1º e 2º de ESO participará na actividade Correlingua que se celebrará nos xardíns de Noriega Varela durante o tramo de clases despois do recreo, entre as 11'30 e as 14h. Agás o profesorado acompañante (Marta de Castelán, Inés de Francés, Sonia de Mates, Leitón de Galego, Alberte de Historia, Pepe de Galego e Susana como coordinadora da EDLG), o resto de docentes que tedes clase con estes grupos, non tedes que estar pendientes despois do recreo, pois xa pasaremos lista na parte traseira do patio.

 

DATAS INICIO DE CURSO

INICIO DO CURSO 2023-24


 

Luns 11-Setembro-23 

  1º ESO - De 8:30 h ás 14:00 / 16:00 ás 17:40 h

                                  Acollida e horario lectivo normal

 

  Ensinanzas Adultos (ESA, BAC AD, CM Xest Admin)

                                  Presentación ás 19:00 h

 

Martes 12-Setembro-23

   ESO/BAC/FPB/CICLOS - De 8:30 h ás 14:00 h

  

CM Navegación e Pesca de litoral 

  Presentación e comezo de clases  Martes 12 as 8:30 h  no  Porto de Celeiro Peirao Sur – Aula de extensión pesqueira

 

  

 

Programa de Radio

Recentemente, emitiuse o programa de radio 0 do Diario do Sarmiento, no seguinte enlace podedes escoitalo:

 

Listaxes provisionais admisión ciclos formativos

No seguinte enlace pódese consultar as listaxes provisionais de solicitudes admitidas para ciclos formativos de grao básico, medio e superior:

Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitantes. Convocatoria curso 2022-2023

PEDALEANDO

O departamento de Educación Física dentro do programa Proxecta pon en marcha, un ano mais,  a actividade "pedaleando" . Este ano a rapazada que non sabe montar ou que necesita "practicar un poco" pode aprender os mércores de catro a cinco e media da tarde.

Árbores Frondosas do parque Pernas Peón de Viveiro

O alumnado de 4º de Eso que formou parte do clube de Ciencia do IES María Sarmiento durante o curso 2020/2021 creou un libro recopilatorio das árbores frondosas do parque Pernas Peón de Viveiro. Para descargalo fai clic na seguinte imaxe.

Visita Arantza Portabales

O pasado venres tivemos a sorte de contar ca presenza de Arantza Portabales e con Eva de Editorial Galaxia. O alumnado quedou encantadou e fixéronlle un montón de agasallos a Arantza!

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Con motivo do día das letras galegas o alumnado de 1º de ESO co seu profesor Manuel Leitón e os alumnos de 4º ESO coa profesora Luz Sierra, elaboraron unha exposición de carteis con retratos e datos biográficos máis relevantes do autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas: Florencio Delgado Gurriarán. Este escritor tivo que pasar gran parte da súa vida exiliado, vivindo en terras mexicanas e dende alí traballou para manter viva a cultura galega.

Con motivo desde festividade, a profesora de música María Ron organizou un obradoiro de regueifas cos regueifeiros Pinto d'Herbón de Luís "O Caruncho" que terá lugar maña mércores no teatro Pastor Díaz. 

ORDE DO 25 DE XANEIRO DE 2022 POLA QUE SE ACTUALIZA A NORMATIVA DA AVALIACIÓN NO CURSO 2021-2022

En base ao establecido na ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia (DOG do 11 de febreiro), achégase nos arquivos adxuntos os criterios de promoción e titulación de centro para a ESO e Bacharelato aplicables para o presente curso 2021-22 mais un resumo explicativo de dita orde.

A dirección do centro

IES María Sarmiento

Visita ao IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

Esta semana alumnado do noso centro visitou o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria. A nosa relación co centro de Sarria comezou como un intercambio de ideas arredor do uso e potenciación da bicicleta... E tirando do fío vimos que tamén tiñan unha radio no centro como é o noso caso. Polo tanto ocorreusenos que un intercambio de centro de interior cun de costa sería xenial para a rapazada.

Visitamos as súas instalacións, a súa contorna, coñecemos os seus profes e propuxemos ao alumnado colaborador de convivencia e as tigresas barbudas formar parte desta experiencia.

 

 

Becas ERASMUS+ KA102 Next Station

Seis alumnos de Formación Profesional están realizando as súas prácticas en entros de traballo por Europa gracias a beca ERASMUS+ KA102 Next Station.

  • Tres alumnas de Ciclo Medio de Xestión Administrativa en Lisboa (Portugal)
  • Dous alumnos de Ciclo Medio de Soldadura en Cork (Irlanda)
  • Un alumno do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas en Helsinki (Finlandia).

Ademáis gracias as becas Erasmus+ KA102, un profesor foi Cork (Irlanda) axudar no asentamento e búsqueda de empresas na zona e dous profesores van a levar a cabo unha Job Shadowing en Finlandia.

Concurso de fotografía urbana: O GALEGO ESTÁ NA RÚA

Xubilación Primitivo Marcos

O xoves 31 xubilouse o noso compañeiro do departamento de inglés Primitivo Marcos tras 34 anos de docencia. Xubílase para deixar espazo á súa paixón que son os comic e o debuxo. De feito, leva anos agasallándonos coa súa arte para a biblioteca e o canciño do logo da biblioteca tamén é obra súa. Para homenaxealo o equipo de traballo de BiblioMasa organizou unha exposición permanente con todas as súas obras no corredor da biblioteca.

Presentación do proxecto DIARIO SARMIENTO

Hoxe tivo lugar o acto de presentación do proxecto DIARIO SARMIENTO realizado por un grupo de alumnado unión de dous colectivos presentes no centro LAS GRANDIOSAS TIGRESAS BARBUDAS (LGTB) e o ALUMNADO AXUDANTE (AAA).

No curso pasado 2020-2021 o grupo Peripatéticos Viveirenses do centro, dirixidos pola profesora Yolanda Fernández, resultaba gañador a nivel nacional do programa YOUTH4GOOD promovido pola Fundación Vodafone, presentando unha proposta como solución ao reto do bullying nos centros escolares. O premio alcanzado supoñía 5.000 euros para facer realidade o proxecto. O grupo gañador remataba xusto ese curso os seus estudos no centro, co que se facía preciso que outro alumnado asumise o relevo e retomase o proxecto para darlle continuidade, e é aí onde  aparecen Alicia Yáñez e Francisco Basanta como novos responsables do proxecto, convidando aos dous colectivos a confluir nun mesmo e comezar o  traballo que mañá se presenta. 

 

Participación de 3 alumnos do Sarmiento en Spainskills 2022

Entre o 23 e 25 de marzo de 2022 celebrarase o campionato nacional de Formación Profesional, Spainskills 2022, organizado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración coas comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Galicia presenta 29 competidores/as que participan en 27 skills. Estes/as competidores/as son os/as gañadores/as das medallas de ouro da 6ª edición dos Campionatos Galegos da Formación Profesional Galiciaskills 2021. Entre eles atópanse os nosos alumnos:

  • Sergio Martínez Pajón, medalla de ouro en Tecnoloxía do automóbil
  • Adrián López Bahamonde, medalla de ouro en Control Industrial
  • Mateo Rubal Fanego, medalla de ouro en Soldadura

Desexámoslles moita sorte!!!

Visita da autora Ledicia Costas

 

Durante a maña de onte puidemos gozar da visita da escritora Ledicia Costas falándolles das súas obras O Corazón de Xúpiter, Unha estela no vento e Golpes de Luz ao alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. Grazas a Edicións Xerais de Galicia e a profesora do departamento de galego Luz Sierra por organizalo.

 

 

 

Visita da autora Montse Fajardo

O pasado venres 18 de marzo, os departamentos de Lingua brindáronnos a oportunidade de coñecer a Montse Fajardo, a autora do libro INVISIBLES, que narra a desgarradora historia de oito mulleres galegas que sufriron violencia de xénero. Todos os rapaces e rapazas deberían léelo!!!

Acto de Solidariedade con Ucraína

O pásado mércores 16 de marzo, fixemos un acto en solidaridade con Ucraína. O alumnado de música, dirixido pola súa profesora María Ron interpretou o "Himno da Alegría" en directo. Despois fixemos unha lectura en solidariedade e escoitamos polo altofalante a canción "No dudaría" de Antonio Flores.

O teu navegador non soporta este vídeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut