Skip to Content

Axudas da Xunta para alumnado para actividades de formación en linguas estranxeiras

ENLACE

O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes, contado a partires do día seguinte o da publicación no Diario Oficial de Galicia que foi o 13 de Febreiro.

Christopher Reyes Miranda entrevista á nosa directora Helena Pérez Inés

O alumno de 3º ESO C e membro da radio Proxecto Amigo, Christopher Reyes Miranda,  entrevista á nosa directora Helena Pérez Inés . Falan do noso centro e das experiencias pasadas , presentes e futuras da nosa dirección . Gracias Chris por compartir o teu traballo.

preview

           

 

O alumnado de Administrativo visita a empresa Jim Sports en Palas de Rei

O alumnado da familia profesional de Administración e Xestión visitou o xoves día 2 de Febreiro as instalacións do Grupo Jim Sports en Palas de Rei. Unha ampla visita ao almacén, oficinas, ximnasio e zona de serigrafía desta gran empresa dedicada aos produtos deportivos, coñecendo de primeira man os primeiros pasos, actualidade, e plans de futuro, desta gran iniciativa emprendedora.

O artífice deste grupo empresarial é Jesús Manuel Graña, que creou a empresa fai 25 anos mentres preparaba a oposición a profesor de educación física co fin de levar o deporte a todos os lugares posibles.

A compra dun contedor de balóns de baloncesto foi o inicio dun gran soño feito realidade que converteu a Jim Sports nun centro loxístico deportivo de referencia a nivel europeo, que aposta, a contracorrente, por asentarse nun concello rural do interior de Galicia, para asentar un proxecto empresarial que da empregro a case 200 persoas e factura aproximadamente 10 millóns de €.

A innovación e o uso de novas tecnoloxías son piares fundamentais desta empresa que traballa para grandes multinacionais do sector como Nike, Decathlon, etc., pero que fai negocio principalmente coas pequenas tendas de deportes que podemos atopar nas nosas vilas e cidades e asociacións deportivas de toda a rexión.

 

21 DIAS CO GALEGO CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS 2023

O código para cubrir a enquisa por parte das familias dos 21 Días co Galego é: LUV

ENQUISA

Video Automocion 21 dias co galego

21 Días co Galego-Concurso para as familias

                                  
   

  

Presentación corporativa de aventuras de relax 

FP Dual C.S. Administración e Finanzas

O departamento de administrativo segue apostando pola FP Dual (combinación de formación teórica nas aulas complementada con formación práctica nas empresas adheridas á iniciativa a través dun contrato de formación ou dunha beca. Onte comezaron a FP Dual 5 alumn@s do C.S. Administración e Finanzas.

 Moita sorte nesta nova etapa profesional
 

Digocho eu

Visita de representantes do clube de Remo de Celeiro

O pasado martes martes 13 de decembro o departamento de EF do IES MARÍA SARMIENTO, dentro do programa PROXECTA+, contou coa visita de representantes do clube de Remo de Celeiro. Amosaron a alumnado de 2º e 3º da ESO o que é este deporte e animaron á rapazada a inscribirse nunha actividade que aporta un montón de beneficios.  

                          

Calendario das eleccións ao Consello Escolar

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR

SECTOR ALUMNADO E SECTOR PAIS E NAIS - CURSO 2022

No presente proceso electoral corresponde elixir:

  • 1 pai/nai de un total de tres que debe ter o consello escolar.
  • 2 alumn@s dun total de catro que debe ter o consello escolar.

As listaxes provisionais do censo electoral de alumnado e de responsables están expostas no taboleiro do Hall xunto á oficina de administración do IES María Sarmiento. 

As persoas que queiran presentar a súa candidatura poden facelo ata as 13:30 horas do venres, día 11 de novembro na oficina de administración.

O sorteo dos membros da mesa electoral, entre os pais/nais/ alumnado que non se presenten candidatos, realizarase o día 17 de novembro ás 11:00 horas.

A campaña electoral comprenderá do 17 ao 25 de novembro e as votacións terán lugar o día 28 de novembro no salón de actos do centro

  • Alumnado:  de 09:30 a 13:30 horas
  • Nais/Pais/ titores legais:  de 19:30 a 20:30 horas

Máis información nos documentos adxuntos

Viaxe educativa do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato a Madrid e Toledo

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato realizou na última semán de Outubro unha viaxe educativa a Madrid e Toledo organizada polos profesores de Música e Historia da Arte.

 

Na viaxe fixemos unha primeira parada en León onde visitamos a Catedral gótica e fixemos un percorrido seguindo as murallas romanas ata a basílica de San Isidoro. Antes de Madrid tamén fixemos unha breve parada para ver o acueducto de Segovia.

 

Xa en Madrid adicamos o segundo dia  a ver museos. Todos xuntos fixemos pola mañá unha visita guiada ó Teatro da Zarzuela e ó Museo do Prado. Pola tarde dividímonos en dous grupos, un deles visitou o Museo Romántico e fixo un pequeno percorrido polo Madrid dos Austrias, mientras que o segundo grupo visitou o Museo Guggenheim e fixo unha breve parada no Museo Reina Sofía.

 

O último dia fumos a Toledo onde  a primeira hora fixemos un roteiro polo casco vello ata visitar o Museo Sefardí, para logo desprazarnos ata o Parque Puy du Fou onde pasamos o resto da xornada e dende onde regresamos a Viveiro.

                            

Viaxe do alumnado de Transporte e Mantemento de Vehiculos a EXPOFRAIN

O venres 18 de novembro o alumnado de Transporte e Mantemento de vehïculos asistiu a EXPOFRAIN, que se celebrou no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

Aqui quedan algunhas fotos da actividade.

            

I Xornadas de ESCAPE ROOM

O departamento de Administrativo celebrou as I Xornadas de ESCAPE ROOM nas que o alumnado de FP Básica de Servizos Administrativos, Ciclo Medio de Xestión Administrativa e Ciclo Superior de Administración e finanzas participaron nunha escape room didáctica intentando resolver un misterioso roubo contrareloxo

Proxecto ERASMUS+ "Protect Earth , Save lifes"

A semana do 20 de Octubre, gracias ó Proxecto ERASMUS+ "Protect Earth , Save lifes" estiveron por o noso instituto 16 alumnos de Chequia, Eslovaquia, Italia, e Portugal, xunto con 8 profesores. Durante estes 5 días estivemos facendo distintas actividades e visitas en relación có tema que se trataba no noso país, que era O Auga. Así visitaron a planta de tratamento de augas de Celeiro, o Museo do Mar de san Cibrao, a Lonxa de Burela, ademais de levar a cabo visitas culturais a Lugo, e Mondoñedo entre outras. É de salientar qu e unha vez de regreso nos seus países enviaron felicitacións e palabras de agradecemento polo excelente trato dispensado polas familias de acollida de Viveiro

             

Charla de ciberseguridade para alumnado de 4º da ESO

27/10/2022 11:30
28/10/2022 12:20
Europe/Madrid

Levarase acabo pola Policia Nacional,dentro do Plan Director, os vindeiros 26 e 27 de outubro nos seguintes horarios nas aulas de referencia:

4º ESO A xoves 27 de 11:30 a 12:20

4º ESO B venres 28 de 11:30 a 12:20

4º ESO C venres 28 de 9:20 a 10:10

Mateo Rubal Fanego en Cleveland, Ohio nas worldskills 2022

Mateo Rubal Fanego, alumno do noso centro, que fora elixido o mellor soldador de España nas olimpíadas de Formación Profesional, Spainskills 2022 competindo en Cleveland, Ohio nas worldskills 2022, acompañado do compañeiro de Eliseo do departamento de soldadura

       

 

 

 

 

 

Acollida de nais/pais/titores

13/10/2022 19:00
Europe/Madrid

XOVES, DÍA 13 DE OUTUBRO de 2022 ás 19:00 horas terá lugar a ACOLLIDA de nais/pais/titores legais do alumnado de: 1º/2º/3º/4ºESO e FP Básica. Esta reunión ten como obxecto establecer contacto do profesorado-titor coas familias para informarlles da marcha de cada grupo. Serán recibidos no Salón de Actos do centro pola dirección do centro e a continuación pasarán ás aulas de referencia de cada grupo onde serán atendidos polo profesorado titor respectivo

Distribuir contido


by Dr. Radut