Skip to Content

Nocturno 22-23

No IES María Sarmiento pódese cursar a Educación Secundaria para Adultos (en adiante ESA) e Bacharelato nas modalidades de Ciencias e Ciencias sociais.

Requisitos de idade

Con carácter xeral, poden matricularse nas ensinanzas de adultos as persoas maiores de 18 anos ou que os cumpran ata o 31 de decembro do ano no que se realiza a matrícula. No caso das persoas que se matriculen no segundo cuadrimestre da ESA deberán cumprir os 18 anos antes do 30 de abril do dito ano.

Tamen poderán matricularse aquelas persoas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

  • Ser maior de 16 anos e ter contrato laboral que impida acudir aos centros educativos en réxime ordinario.
  • Ser deportista de alto rendemento.
  • Ter cursado ensinanzas de persoas adultas en anos anteriores.

Distribución horaria semanal dos períodos lectivos para os ámbitos de coñecemento da ESA

Ámbito de coñecemento Módulos
Primeiro Segundo Terceiro Cuarto

Comunicación

Lingua estranxeira

6

2

6

2

5

2

5

2

Científico-tecnolóxico 8 8 8 8
Social 3 3 4 4
Titoría 1 1 1 1
Totais 20 20 20 20

 

Distribución horaria semanal dos períodos lectivos para 1º de Bacharelato

Materias Ciencias Ciencias sociais
Lingua galega e literatura I 3 3
Lingua castelá e literatura I 3 3
Inglés I 3 3
Filosofía 3 3
Educación física 2 2
Matemáticas I 4  
Debuxo técnico I 4  
Física e química 4  
Matemáticas aplicadas I   4
Economía   4
Historia do mundo contemporáneo   4
Cultura científica 2* 2*
TIC I 2* 2*
Relixión 1* 1*
Total horas máximas 28 28
* Materias específicas: deben escollerse dúas.

 

Distribución horaria semanal dos períodos lectivos para 2º de Bacharelato

Materias Ciencias Ciencias sociais
Lingua galega e literatura II 3 3
Lingua castelá e literatura II 3 3
Inglés II 3 3
Historia de España 3 3
Matemáticas II 4  
Química 4  
Debuxo técnico I 4  
Matemáticas aplicadas II   4
Economía da empresa   4
Historia da Filosofía   4
Psicoloxía 3* 3*
TIC II 3* 3*
Relixión 1* 1*
Total horas máximas 30 30
* Materias específicas: deben escollerse dúas.


page | by Dr. Radut