Skip to Content

Bioloxía e xeoloxía

Clube de Ciencias

Os alumnos de Clube de Ciencias de 4º da ESO e 1º de Bacharelato durante o presente curso, estiveron elaborando e cuidando un xardín vertical e un pequeno horto, cós que aprenderon os cuidados que se precisan para sacar a diante este tipo de cultivos, e a valorar o traballo dos agricultores. A maiores coñeceron o que significa o consumo de productos locais ou de KM cero, e os beneficios que implica para o medio ambiente.
 
 
Tamén, o alumnado de Ciencias Aplicadas, elaborou unha guía de árbores Ximnospermas do Parque Pernas Peón, coa cual se completa o traballo da guía elaborada o ano pasado de árbores frondosas. 

 

Árbores Frondosas do parque Pernas Peón de Viveiro

O alumnado de 4º de Eso que formou parte do clube de Ciencia do IES María Sarmiento durante o curso 2020/2021 creou un libro recopilatorio das árbores frondosas do parque Pernas Peón de Viveiro. Para descargalo fai clic na seguinte imaxe.

Dúas alumnas do IES María Sarmiento gañan a Olimpíada de Xeoloxía de Lugo

Dúas alumnas de primeiro de Bacharaleta do IES María Sarmiento de Viveiro gañaron a Olímpiada de Xeoloxía de Lugo, organizada a semana pasada en Ribadeo pola Asociación Española para a ensinanza das Ciencias da Terra (Aepect). 

Belén Lorenzo Pérez quedou primiera, mentres que Nieves Cobelo Requeijo quedou segunda nas probas que se desenvolveron na praia das Catedrais (práctica) e no IES Gamallo Fierros (teórica).

Belén Lorenzo Pérez participará na fase nacional, xunto cos gañadores e gañadoras das restantes sedes de Galicia, que terá lugar o día 26 de marzo en Almería (convocada polo Colexio de Geólogos, a Sociedade Xeolóxica Española e a AEPECT (Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra). De aí sairá a selección que competirá na fase internacional a finais do verán.

Nesta edición participaron 200 estudantes de Secundaria e Bacharelato de toda Galicia, 32 dos cales fixérono na sede de Ribadeo, algo que a AEPECT considera un éxito nunha situación de Pandemia e despois de que a edición do ano pasado tivera que ser telemática.

A olimpíada de Xeoloxía é unha actividade educativa que pretende:

  • Fomentar o interese polos contidos propios da Xeoloxía e do conxunto das ciencias da Terra.
  • Animar aos estudantes participantes a comenzar estudos universitarios relacinados coa Xeoloxía.
  • Destacar a importancia da preservación do medio natural.

 

Belén Lorenzo Perez recollendo o 1º premio              Nieves Cobelo Requeijo recollendo o 2º premio

Integrantes Bioloxía e xeoloxía

Asensio Rodríguez, Pilar

Pérez Guerreiro, Celso (Xefe de departamento)

Rodríguez Torres, Ana María

Distribuir contido


by Dr. Radut